O enterro da Sardiña de Marín

26 de xaneiro 2024
Actualizado: 18 de xuño

O Enterro da sardiña de Marín é único en España non só por levar no cadaleito una "sardiña real" senón por ser calco unha procesión como a do "Santo Enterro" da Semana Santa con todos os elementos que eso conleva pero dunha maneira irreverente

O ENTERRO DA SARDIÑA DE MARÍN

14 de febreiro 

FESTA DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA

DOG Nº 72 –Resolución do 4 de abril de 2023

 

O Enterro da sardiña de Marín é único en España non só por levar no cadaleito una "sardiña real" senón por ser calco unha procesión como a do "Santo Enterro" da Semana Santa con todos os elementos que eso conleva pero dunha maneira irreverente.

O Enterro anúnciase días antes polo pobo e a súa contorna con esquelas ,carteis e con publicidade nos autobuses da zona

 

Ademais de colocar un coche funebre e velorio na porta principal do concello e o vestíbulo.

 

O dia do Enterro Mércoles de cinza pola mañán colganse sardiñas no palco da alameda (onde será o velorio do catafalco pola tarde) e na praza do Reloxo onde se fará o sermón e rezará a Ladaiña.Ademais estará soando música fúnebre e toque de campas a partires das dez da mañán para anunciar o acontecemento en todo o casco urbán de Marín.

As cinco da tarde da comenza o velorio ( no palco da alameda) onde a xente vai dando as condolencias e tomando como e tradición nun enterro un grolo de viño acompañado de pan de millo.

 

 

As oito en punto (chova ou vente) comenzará a sair a comitiva e colocándose para dar comenzó a procesión. Nunca se suspendeu desde o ano 1976! Soio pola pandemia no 2021 e polo afundamento do barco Villa de Pitanxo no 2022.

A xente vaise poñendo en filas polos laterais cos súas velas ou velóns e a 

comitiva vaise formando. Diante o home que leva a Choca para anunciar que ven a sardiña morta seguido dos portadores dos cornos e cirios.

 

Detrás os diferentes estandartes das cofradías ,Gaivota,Choco,Mexilón ,Polvo, Parrilla e Golfiño seguidos do Panadeiro acompañado por un cura mentras os portadores do botafumeiro van cumplindo co seu cometido de perfumar o ambente.

Detrás do catafalco vai o Bispo, sacristán e pregoeiro "baixo palio" coas "Autoridades" 

 

Logo as "Choronas" cos coroas de loureiro do Concello e distintas asociacións

 

E detrás a Banda de Música tocando una melodía que data de 1903

Detrás da banda o resto do pobo que sempre durante o percorrido vai totalmente en silencio e só se escoita a banda ou algún xemido dos mais aflixidos acompañantes  e o resto cantando esta canción que data tamén de 1903

CANTEMOS TODOS A TRISTE SORTE

QUE DEU A MORTE O CARNAVAL

O ECO TRISTE DAS BADALADAS

 SOAN O FIN  DIN  DAN

 

 O chegar a Praza do Reloxo a comitiva, desde un Palco o Pregoeiro e o Bispo dan lectura o Sermón cuxo contido de tema libre resulta crítico coas institucións ou de determinados acontecementos que ocurriron durante o ano como por exemplo …" Este ano non morreo coas redes do Xeito ou da Volanta sinon que foi co chapapote".Logo o Bispo da lectura a "Ladaiña" que data de 1893 e esta comenza coa frase do Bispo: "póñanse en pé"

Logo volvese a formar a comitiva recorrendo as ruas hasta chegar o peirao onde o Bispo desde unha plataforma tira a sardiña o mar. 

O regreso hasta o local do Ateneo a xente cambia de formato e a banda comenza a tocar unha música máis alegre para que a xente ,ahora si, veña saltando e con alegría.

Durante todo o percorrido da procesión van apagándose as luces públicas ao paso da comitiva que só se ilumina coas candeas e velóns que portan os acompañantes e feligreses.

 

Por esta maneira de celebrar este Enterro cremos que é único, pois os demais son mais ben un desfile de comparsas con xolda e barullo incluidos e non coa "seriedade que ten o enterro de Marín". Por ser como é a Xunta declarouno o pasado ano Festa de Interés Turistico Galego e os medios de comunicación,tanto estatais como galegos, todos estes derradeiros anos TVE,CUATRO,ANTENA 3,TVG e a SEXTA e emisoras de Radio SER,COPE  e RADIO GELEGA veñen retransmitindo con conexións en directo durante todo o dia.

Desde o Ateneo sabemos por experiencia que é difícil pensar que exista un espectáculo desta índole no Entroido polo que cremos que só ao velo "en directo" se chega a comprender, como lles pasou os diferentes medios de comunicación, pero a partir da primeira vez que o viviron están pendentes da data para enviar os seus reporteiros a Marín.

Este ano estamos na Feira do Turismo Fitur en Madrid no Pavillón de Galicia, facendo a presentación do Enterro da Sardiña de Marín para todo o Estado durante os días 26 e 27 de xaneiro.

 

 Celso Méndez

Directivo do Ateneo Santa Cecilia