Negativa do goberno municipal a commemorar o día do Patrón de Bombeiros

06 de marzo 2024
Actualizado: 18 de xuño

O vindeiro venres 8 de marzo, coincidindo có día internacional da Muller traballadora, ten lugar a onomástica de San Juan de Dios, patrón dos Bombeiros, acto que se celebra ano tras ano dende hai décadas no parque de bombeiros

O vindeiro venres 8 de marzo, coincidindo có día internacional da Muller traballadora, ten lugar a onomástica de San Juan de Dios, patrón dos Bombeiros, acto que se celebra ano tras ano dende hai décadas no parque de bombeiros.

O ano pasado esta celebración estivo marcada polas protestas do persoal do servizo de extinción de incendios, que viñan reivindicando, non melloras laborais, senón o respecto, por parte do Concello de Pontevedra, dos dereitos laborais que tiñan adquiridos.

Para evitar que esta situación se repita de novo, en lugar de abordar os problemas de fondo, o goberno municipal opta por eliminar os actos de celebración dese día. Asemade, prohibe aos traballadores do corpo a conmemoración da festividade nas dependencias municipais, aducindo que "non se dan as circunstancias para realizar o patrón, e que non se autoriza a celebración de eventos que non organice o concello nas instalacións municipais".

En primeiro lugar, isto pon de manifesto que este tipo de celebracións, que xiran en torno a colectivos profesionais, só son do interese do grupo de goberno na medida na que este sexa o protagonista principal, importándolle pouco as condicións laborais, a calidade do servizo ou, coma neste caso, a seguridade de traballadores e cidadanía, que son os principais perxudicados da mala xestión deste Goberno.

En segundo lugar, que si a "festa" non é para eles non é para ninguén, e así o demostran impedindo a celebración en dependencias municipais a un colectivo que polas peculiaridades do seu traballo, só poderían acudir no caso de celebrarse no parque de bombeiros.

Isto é un desplante máis que se fai ao persoal municipal, en xeral, e aos bombeiros, en particular, que se engade á longa lista de agravios e arbitrariedades que veñen padecendo.

 

Pontevedra, 6.3.2024
Xunta de Persoal do Concello de Pontevedra