A ninguén se nos escapa o tremendo perigo que isto implica e as tremendas consecuencias que pode chegar a ter.
Por se isto non fose suficientemente grave, ditos cortes non son comunicados en moitas ocasións en tempo e forma, malia, reiteramos, que, en calquera caso, polo momento, e ata finais de ano están prohibidos, atopándose os usuarios con esta tremenda situación de súpeto e a imposibilidade de entenderse ca comercializadora cando contactan telefonicamente para tentar chegar a un acordo, como pode ser o fraccionamento dos pagos, xa que a única resposta que reciben, case sempre, ademais, con moi malos modos, é a repetición, coma se fose un mantra, por parte dos teleoperadores de Naturgy, da débeda que teñen e que deberán abonar na súa totalidade para que a subministración lles sexa restablecida, ademais do reenganche da mesma.
Son moitos os casos, ademais, nos que estas débedas se ven considerablemente incrementadas por facturacións incorrectas, que en Naturgy nin admiten, nin, menos aínda, corrixen.
Outra gravísima consecuencia destes atropelos é que moitos usuarios que, pola súa situación de extrema vulnerabilidade, cumpren os requisitos para acceder ao bono social de luz e gas, se ven imposibilitados para solicitalo, debido a débeda que teñen con Naturgy, e que, como é lóxico, se incrementa cada vez máis e máis, entrando nunha espiral da que lles resulta imposible saír.
Lamentablemente, a sensación de impotencia, a desesperación que chegan a sentir, fai que case ninguén se decida a denunciar os abusos dos que están a ser obxecto por parte de Naturgy, que atropela os usuarios con total impunidade unha e outra vez.
Desde Si, hai saídamanifestamos a nosa intención de loitar por todos os medios posibles, malia que lamentablemente son escasos, para denunciar, tentar subsanar estas situacións e que se respecten os dereitos destas persoas, e, como primeira medida, ademais de aos medios de comunicación, como xa estamos a facer, trasladaremos esta información a o Goberno en funcións, así como ao Defensor do Pobo.
Tal vez non consigamos nada, pero o que é innegable é que o silencio ante tales abusos non é unha opción.