Esa foi a verba que empregou o goberno do estado para informar os familiares dos desaparecidos do Villa de Pitanxo e ó conxunto da opinión publica, o rexeitamento a inicialas operacións de busca ou rescate tanto do pecio como dos tripulantes desaparecidos.
O escoitar estas declaracions non foi a empatía pola dor dos familiares, dos veciños do Morrazo e de Marín o primeiro sentimento que tiven.
Cabreeime, indigneime. Sentinme enganado, palurdo, cidadan dun país terceiromundista.
Veume a cabeza situacións tráxicas nos que os condicionante físicos, mediambentaís, de custo económico e material non foron quen de impedir as accións de rescate o busca dunha solución que fixera servizo e xustiza a sociedade no seu conxunto. Veume a cabeza situacións onde si se buscou as persoas, onde si se procurou a luz e a verdade, onde si se aportaron ferramentas definitorias na procura da xustiza.
Veume o maxín tráxicas situacións como as de Marta del Castillo; veume o maxín a busca dos corpos dos dous traballadores falecidos no vetedoiro de Marquina, ....
Non é , dende logo, cousa de falar de cartos mais parece convinte ter referencias por si algún iluminado ou xestor princípe da eficiencia y das matemáticas financieiras se lle ocurre decir que a busca do Vila de Pitanxo e os tripulantes "é moi cara": mais de un millon de euros levase gastado no caso de Marta del Castillo e mais de 28,7 millóns de euros no caso do vertedoiro de Marquina.
Veume o maxín o Caso da Mina San José (Chile ,2010): outra tarefa "imposible", inviable decían moitos. Despois dun gasto de mais de 30 millóns de euros por parte do Governo de Chile, nesta ocasión, o rescate dos 33 mineiros pechou a boca de moitos agoreiros.
Non sei eu canto custa unha operación de busca, e recalco o de "busca". Xa será tempo unha vez realizada determinar si – nese contexto e ca información obtida - é viable unha operación de rescate: pero nesta ocasión xa con datos fehacientes. Será o momento acaido de valorala al viabilidade ou inviabilidade técnica.
Non son experto patrón nin capitán, non son -siquer -experto ou curtido mariñeiro mais si son avido lector e creo que persoa informada.
Non sei si será viable a busca, non sei si a 800, 1.000, ou 1.500 metros de profundidade ou 2.400, 3.100 ou 4.500 pes no fondo do mar, pero si sei que hai poucos días atopouse o fotografiouse a maís de 10.000 pes de profundidade, a mais de 3.050 metros, o pecio do "Endurance", o barco de Sir Ernest Henry Shackleton.
Un apuntamento para os ecépticos os apostoles da "inviabilidade": o barco – sei que o saben, mais compre lembralo – media uns escasos 43 metros e era – como todo mundo sabe – de madeira. Non sei si atopalo sirve a xustiza, a verdade, a equidade, a mitigación da dor dos que perderon hai 110 anos os seus seres queridos ou mesmo serve a historia. Tampouco sei o que costou. Só me intersa a VIABILIDADE, é viable pois fagamolo.
Tampouco sei o que costou o ROVS Leopard Saab Seaeye, o dron ou robot que pilota a Armada Española e que traballa hasta os 3.000 metros de profundidade dende os cazaminas Segura, Sella ou Duero. Seguro que si o encargaron con esa capacidade de busca son quen de manexalo e utilizalo e seguro que ambalas dúas cousas as fan con eficiencia e excelencia.
Si lle preguntase a un Capitan de Corbeta dun destes barcos saben todos vostedes que dirían que SI son quen de atopalo Villa de Pitanxo e que tamen, se lle dan tempo e recursos, recuperar valiosos testimonios ou restos do naufraxio. Estou convencidos de que mesmo sentirianse honrados con esta ecomienda; o cabo son – tamen – xente do mar. Se se pode facer, e se pode, que o fagan XA.
Estamos a tempo, estamos no tempo e creo que a pesares da miña primeira impresión España e os españois xogamos na primeira liga do desenvolvemento económico e social. Demostremolo.
Asdo: Jesús J. Martínez Epifanio