Federación Castelao: 'Variante de Alba'

08 de outubro 2019
Actualizado: 18 de xuño 2024

Esta Federación quere manifestar o seu total apoio ás veciñas e ós veciños de Campañó así como á Asociación de Veciños Santo Paio de Campañó, na loita que están a desenvolver contra a construción da mal denominada "Variante de Alba"

Esta Federación quere manifestar o seu total apoio ás veciñas e ós veciños de Campañó así como á Asociación de Veciños Santo Paio de Campañó, na loita que están a desenvolver contra a construción da mal denominada "Variante de Alba".

Entende esta Federación, ao igual que a veciñanza de Campañó, que o vial proxectado pola Xunta de Galicia non vai resolver a problemática para a que se pretende construir dita variante, pois o trazado proposto é un dos máis lesivos para o territorio desa Parroquia, dado que afecta a lugares como Cachapal, Parada, Freixo, Banqueira, Altabón, Cros e Muiños.

Esta Federación non entende como a Xunta pretende desenvolver unha infraestrutura que non está consensuada co resto das Administracións nin coa veciñanza do entorno da mesma nin tampouco se tiveron en conta as aportacións da ANPA do CEIP Parada de Campañó.

Esta infraestrutura, na súa alternativa 6 –que é a elixida pola Xunta de Galicia-afectaría dun xeito extraordinario ao lugar do Cachapal e ao entorno do CEIP Parada, polo que se deduce que con esta obra se xenera unha contaminación acústica e paisaxística en zonas que na actualidade non existen.

Así mesmo a execución desta infraestrutura produce unha fragmentación do territorio no eido ecolóxico, pois pretende elevarse entre 5 e 8 metros da rasante actual, creando polo tanto barreiras á fauna do entorno. Indicar tamén que este proxecto non contempla beirarrúas, polo que non garante a seguridade peonil de xeito adecuado.

Por se fóra pouco esta alternativa 6 cruza o río da Gándara, principal aporte de auga á Xunqueira da Gándara, nunha zona onde se conservan as ribeiras en estado natural e o bosque que serve de refuxio á fauna; entendemos polo tanto que esta alternativa 6 o que fai é degradar unha zona que ata de agora non o está.

Polo exposto anteriormente,

SOLICITAMOS ao Partido Popular de Pontevedra que faga súas as propostas dos veciños e veciñas de Campañó así como as de esta Federación e requira a retirada deste proxecto aos seus "amigos" do Goberno da Xunta de Galicia.

SOLICITAMOS do Partido Socialista de Pontevedra que faga súas as propostas dos vecinos e veciñas de Campañó así como as de esta Federación e se posiciones en contra da construción desta infraestrutura e requiran aos seus "amigos" do Goberno de España a liberalización total da peaxe, alomenos, entre Curro e Pontevedra.

SOLICITAMOS do Bloque Nacionalista Galego, grupo maioritario de Goberno no Concello de Pontevedra que faga súas as propostas dos vecinos e veciñas de Campañó, así como as de esta Federación e así as defenda nas Mesas que se convoquen e nos foros que corresponda defender este posicionamento.

SOLICITAMOS de Ciudadanos, partido con representación municipal, que faga súas as propostas dos veciños e veciñas de Campañó así como as de esta Federación , para que as defenda nos foros e ámbitos que teñen representación.

 

Juan M. Loureiro Taibo

Presidente da Federación de AA.VV. Castelao de Pontevedra

Arquivado en