Aparece sin llamar

19 de outubro 2023
Actualizado: 18 de xuño 2024

O xoves 19 de outubro celébrase o Día Mundial do Cancro de Mama, unha data na que se pretende sensibilizar a poboación poñendo o foco na importancia da detección precoz, a fin de mellorar o prognóstico e a supervivencia dos casos de cancro de mama

O xoves 19 de outubro celébrase o Día Mundial do Cancro de Mama, unha data na que se pretende sensibilizar a poboación poñendo o foco na importancia da detección precoz, a fin de mellorar o prognóstico e a supervivencia dos casos de cancro de mama.
 

Desde Cerponzóns, o noso veciño Enrique Alvite ofreceuse desinteresadamente a compoñer un tema con motivo deste día.
 

Este tema é a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro de Mama, para que dispoñan del no momento que o vexan axeitado.
 

Enrique Alvite compuxo o tema para achegar o seu gran de area e de paso, xunto a veciñanza de Cerponzóns, solidarizarse e dar ánimos ás mulleres que padecen ou padeceron a enfermedade.
 

O tema composto e interpretado por Alvite  leva o título de "APARECE SIN LLAMAR".
 

Desde a Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns agradecemos de novo a Enrique Alvite a súa colaboración.