Alerta sobre a desprotección das vítimas de violencia de xénero durante o verán

29 de xuño 2023
Actualizado: 18 de xuño 2024

Un ano máis, e con este serán 10, desde a Asociación Si, hai saida, alertamos sobre a falta de prevención e a desprotección aínda maior a que xa se ven expostas habitualmente as vítimas de violencia de xénero e as súas fillas e fillos, xustamente cando máis o precisanspandejavu>emdejavu>spandejavu>

Un ano máis, e con este serán 10, desde a Asociación Si, hai saida, alertamos sobre a falta de prevención e a desprotección aínda maior a que xa se ven expostas habitualmente as vítimas de violencia de xénero e as súas fillas e fillos, xustamente cando máis o precisan, por mor do período vacacional, unha das épocas na que o seu nivel de risco aumenta considerablemente polas circunstancias que adoita implicar.

 

O intercambio de menores entre proxenitores que xa non conviven e para os que esta situación é motivo de conflitos, o aumento de horas de convivencia entre parellas nas que xa existe unha situación de violencia de xénero, o maior consumo de alcohol ou mesmo doutras sustancias que potencian a agresividade, principalmente nas datas festivas, as xuntanzas familiares, fonte, en moitas ocasións, de crispación, etc ,etc, son, entre outros, algúns dos factores que fan que o repunte da violencia machista sexa un feito constatado, malia que a Delegada de Violencia de Xénero tivera, hai unhas semanas, a desvergoña de manifestar que isto é algo que aínda van estudar, deixando en evidencia o seu máis que patente descoñecemento, e, porén, do Ministerio de Igualdade, da realidade da violencia de xénero.

 

Malia isto, os xa non moi abondosos recursos para a protección e asistencia das mulleres vítimas da violencia machista, son, durante os meses de Xullo e Agosto, practicamente inexistentes.

 

As Ufam (Unidade de Familia e Axuda a Muller) baixo mínimos, xa que os axentes que collen vacacións non son substituídos , ou directamente baleiras desde os Venres pola tarde, durante todas as fins de semana, e por suposto, pontes e días festivos, CIMS pechados polas tardes, algo isto xa habitual, pero con menos persoal, Puntos de Encontro Familiar que pechan parte do mes de Agosto, xustamente cando máis precisos son, unido ao feito de que o mes de Agosto é xudicialmente inhábil, paralizándose, porén, todos os procesos, é o desolador panorama que lles agarda a estas mulleres e os seus fillos ao longo de 2 meses nos que non lles queda mais opción que tentar conservar a esperanza de que non lles suceda nada irreparable.

 

Malia isto, e que, desde hai xa semanas que estamos a ver como desde o Goberno se están a adoptar medidas de prevención e nos están a proporcionar unha serie de pautas ante posibles incidencias que se poden dar durante estas datas para tentar evitar roubos nos domicilios baleiros, estafas nos destinos vacacionais, posibles accidentes de tráfico, etc, etc, a violencia de xénero é totalmente esquecida, nada se vai facer, ningunha medida de prevención se vai a adoptar, malia que o nivel de risco medra exponencialmente, e isto en plena campaña electoral, o cal nos deixa claro cal é a preocupación, a concienciación reais que existen no noso país, no noso eido político e social en canto a violencia de xénero, que está a pasar de ser un delito de segunda ou mesmo terceira categoría a practicamente invisible, malia ser o que máis vidas se cobra.

 

Asociación SI, hai saída