A parroquia milenaria de Cerponzóns honra o seu patrón

23 de xaneiro 2023
Actualizado: 18 de xuño 2024

A asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns narra a celebración na parroquia pontevedresa do seu patrón San Vicenteb>

Celebración na parroquia de Cerponzóns do seu patrón San Vicente.

Desde as 10 da mañá comezou a celebración de San Vicente, a veciñanza de diversos lugares da parroquia foron gratamente sorprendidos polas alboradas que interpretaron os grupos OS ALEGRES e BOA VILA.

 

Entre as interpretacións que se puideron escoitar ao longo da mañá destacamos por parte de OS ALEGRES:

 

Pasodoble "De Vigo a Santiago" Foliada dos Morenos , A volta da festa!, O San Campio é so, Foliada dos vellos, Rompedouro, Xota da Guía, Aires de Carnaval, Pasodoble de Viascón, Muiñeira de Soutonovo, Muiñeira dos Garceiras

 

 

Mentras que o repertório de BOA VILA:

 

Pasodobre de Mallou, O Galo d'ouro, A Farruquiña

Muiñeiras da Armenteira e de Vilanova, Xota do Picato,

Foliada de Pontevedra, Loliña, Alborada de Verín..

 

 

Os percorridos cos grupos de gaitas polos lugares de Cerponzóns tiveron ademais varias visitas especiais aos fogares daqueles matrimonios que ao longo deste ano celebran as súas vodas de ouro. A complicidade dos fillos fixo que levasen unha enorme sorpresa.

 

As 13:15 horas celebrouse a Misa Solemne en honra de San Vicente, que oficiou o párroco Don Herminio Sande Lado.

A finalización da misa dou paso a procesión, baixo os sons das campás da parroquia milenaria de Cerponzóns. Campás que se tocaron a man desde o campanario, celebrando así por primeira vez, na festividade do patrón, a declaración do Toque Manual de Campás como PATRIMONIO INMATERIAL DÁ HUMANIDADE.

Unha tirada de fogos, donada por dous veciños, rematou coa celebración.

 

Asc. de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns.