A nosa auga

19 de febreiro 2023
Actualizado: 18 de xuño 2024

Con motivo do 50 aniversario da creación de varias traídas de augas na parroquia de Cerponzóns , desde a Asociación de Veciños O Chedeiro, queremos homenaxear a todos aqueles veciños e veciñas que construíron ditas traídas o longo dos anos, un exemplo de autoxestión que realizaron algunhas delas xa polos inicios dos anos 70 do pasado século

Con motivo do 50 aniversario da creación de varias traídas de augas na parroquia de Cerponzóns , desde a Asociación de Veciños O Chedeiro, queremos homenaxear a todos aqueles veciños e veciñas que construíron ditas traídas o longo dos anos, un exemplo de autoxestión que realizaron algunhas delas xa polos inicios dos anos 70 do pasado século.

 

Por aqueles anos comezaron a organizarse en multitude de parroquias de Galicia, asociacións de diversa índole, eran tempos de cambios e dun novo rexurdir do movemento veciñal, o traballo e a importancia que tiveron as comunidades de usuarios de augas de traída, non ten prezo.

 

Cerponzóns foi unha de tantas parroquias onde a veciñanza comezou a organizarse para poder mellorar a súa calidade de vida, as carencias eran moitísimas, é eles, como puideron, investindo dos seus poucos aforros, lograron entre unhas cantas comunidades distribuídas por varios lugares da parroquia, levar a auga dos mananciais ás súas casas. Ata ese entón a veciñanza servíase diariamente de ir buscar a auga ás fontes, de mananciais particulares ou daqueles que podían economicamente ter un pozo na súa casa.

 

Así que se puxeron ao choio e organizándose pola súa conta, comezaron a buscar as captacións e foron levando as súas augas para depósitos, os cales desde eles, despregáronse redes de abastecemento para chegar a aquelas casas que se sumaron ao sistema que se ía a implantar de autoxestión e así poder ter un servizo de auga que evitase o esforzado traballo de ter que estar día si e día tamén en ir buscar auga á fonte.

 

É por iso que desde a Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns, queremos homenaxear a toda esta xente que traballou arreo realizando durante meses, mesmo anos, éste importante feito. É deber noso lembrar ese gran labor realizada por homes e mulleres que se organizaron en cuadrillas para a realización dos traballos que levaron durante muitos sábados e domingos.

 

A través dun documental, realizado por Fernando Portela, fomos recollendo dos veciños e veciñas os recordos e anécdotas do labor desenvolvido naqueles momentos.

Desde a Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns, agradecemos a colaboración desde a Consellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural  do Concello de Pontevedra, a cargo do Concellal, Iván Puentes.

 

En breve anunciaremos o día do estreno do documental A NOSA AUGA.