A Asociación Si, hai saída prega a colaboración da cidadanía ante a ponte do 15 de Agosto

10 de agosto 2023
Actualizado: 18 de xuño 2024

Desde a Asociación Si, hai saída apelamos, un ano máis, á colaboración cidadán e pregamos encarecidamente que, ante calquera episodio de violencia de xénero ou ante a sinxela sospeita de que se estea a producir, non dubiden en dar a voz de alarma

A Asociación Si, hai saída, ante a vaga de violencia machista que estamos a sufrir, que eleva xa a 35 o número de vítimas asasinadas polas súas parellas ou ex parellas no que vai de ano, as, ata agora 3 últimas en tan so 24 horas, ás que hai que engadir 3 menores que estiveron a piques de correr a mesma sorte, ademais dos que quedaron orfos de nai, malia o cal non se implementou ningunha medida de prevención e a evidente desprotección á que están expostos por desgraza sempre, pero moi especialmente nunha longa ponte coma a do 15 de Agosto, a máis festiva por excelencia, con numerosas xuntanzas familiares, inicio e remate en moitos casos do período vacacional de menores cun ou outro proxenitor, o intercambio que isto implica e os conflitos que, en non poucos casos, provoca, etc,etc, desde a Asociación Si, hai saídaapelamos, un ano máis, á colaboración cidadán e pregamos encarecidamente que, ante calquera episodio de violencia de xénero ou ante a sinxela sospeita de que se estea a producir, non dubiden en dar a voz de alarma.

 

Un xesto tan sinxelo coma unha chamada ao 091 ( Policía Nacional) ou 092(Policía Local), pode salvar unha ou máis vidas.

 

Ninguén lles vai causar ningunha complicación, nin sequera é preciso que se identifiquen se non o desexan, pero, por favor, que non deixen de facelo.

 

Hai moitas vidas en xogo, e tentar salvalas é responsabilidade de todos.

 

Non esquezades que hoxe son elas, pero que, por moi remota que vos pareza esa posibilidade, mañá a vítima pode ser a vosa filla, a vosa irmán... vós mesmas.

 

Non esquezades que estamos a falar de vidas.

 

Asociación Si, hai saída