Tarrida

17 de decembro 2022
Actualizado: 18 de xuño 2024

Feliú Tarrida i Martorell naceu en Constantí (Tarragona) en 1903. Empresario e emprendedor, en xuño de 1935 trasladouse de Barcelona a Carril para establecer un gran comercio de exportación de mariscos. A súa empresa transportaba o material a París en tren e en camións a Burgos e de alí a Irún

Feliú Tarrida i Martorell naceu en Constantí (Tarragona) en 1903. Empresario e emprendedor, en xuño de 1935 trasladouse de Barcelona a Carril para establecer un gran comercio de exportación de mariscos. A súa empresa transportaba o material a París en tren e en camións a Burgos e de alí a Irún.

Descoñezo a súa implicación política durante a II República Española, mais co golpe de estado de 1936 foi avisado de que estaba no punto de mira dos sublevados, polo que fuxiu polos montes da comarca da Arousa. Tras estar agochado tres días na illa de Sálvora, entregouse. Por mediación do empresario vigués Bernardo Alfageme foi liberado, sendo un garda civil quen arranxou a súa situación para que o desterraran a Marín.

Eran tempos difíciles, nunha conxuntura de posguerra e sinalado polo réxime.Como non conseguía traballo, non lle quedou máis remedio que empregarse na fábrica de xabón de Mollavao, á que pouca xente acudía.

Durante os anos 40 a súa familia pasou por moitas vicisitudes, até que veu en Marín o desenvolvemento dunha empresa pioneira de criadeiros de peixe. A partir de entón empezaron a cambiar as cousas, retomando o transporte e exportación de peixe. Faleceu en Marín o 9 de xullo de 1960.