Sete cadáveres infantís

13 de abril 2024
Actualizado: 18 de xuño

Si, a violencia vicaria, esa violencia que non deixa de ser un xeito máis, o máis depravado, da violencia machista, que está medrando a un ritmo aínda máis rápido, se cabe, que esta, e que leva camiño de normalizarse do mesmo xeitospandejavu>bdejavu>spandejavu>bdejavu>spandejavu>

Semella ser o título dunha novela de terror ou o titular dun xornal sensacionalista, non sí?

 

Por desgraza, non se trata de ningunha das dúas cousas, senón da tremenda realidade que nos deixa a violencia vicaria no que levamos deste ano 2024, é dicir, en catro meses escasos.

 

Si, a violencia vicaria, esa violencia que non deixa de ser un xeito máis, o máisdepravado, da violencia machista, que está medrando a un ritmo aínda máis rápido, se cabe, que esta, e que leva camiño de normalizarse do mesmo xeito.

 

Unha violencia que sega sen piedade vidas de nenos e nenas nun intento dos seus proxenitores de facer dano a súas nais do xeito máis cruel que pode existir, que, desde o momento no que acontece, están mortas en vida para sempre, e isto no "mellor" dos casos, nos que non se levan tamén por diante a vida da nai, como aconteceu co triple crime cometido a pasada semana en El Prat de Llobregat, mentres que para o resto da xente sucede o mesmo que coa violencia de xénero, todo o mundo se racha as vestiduras cando sucede, igualmente se suceden os actos de postureo, cos consabidos minutos de silencio, concentracións de repulsa, decretos de luto... etc, etc, etc, e, aos poucos días, pasa ao esquecemento máis absoluto.

 

Por suposto, non falta tampouco quen lle saque partido, e agora é o tema de moda neses foros nos que os "expertos" en violencia de xénero soltan os seus "solventes" discursos que, en non poucas ocasións, son auténticos desatinos, polos que, aínda por riba, cobran e ben.

 

Estes infanticidios, ou, alomenos, a maioría deles, adoitan ser cometidos durante os períodos de visita concedidos polos xuíces ao proxenitor non custodio e, se ben é certo que algúns deles non se poden previr, non o é menos que hai certos sinais que, por moi insignificantes que poidan parecer, si deberían ser tidos en conta e motivo de alerta, pero que, lamentablemente, non soamente non é así, senón que no caso de que as nais dos menores decidan denuncialos, son tratadas como auténticas desquiciadas e despeitadas que unicamente buscan facer dano as súas ex parellas poñendo os menores na súa contra, ademais, din algúns, de tentar sacarlles os cartos.

 

Porque si, tamén no que atinxe a violencia vicaria, unha gran parte do que poida acontecer despois depende de que determinados feitos, por banais que poidan parecer, sexan denunciados, e do conseguinte atestado policial, que vai ser un gran condicionante para que, posteriormente, o xuíz opte por tomar as medidas pertinentes, optando, desde pór unhas visitas vixiadas nos Puntos de Encontro, ata, se así considera que debe ser, suspendelas, temporal ou mesmo definitivamente, se existen evidencias de que os menores poden estar en perigo.

Todos os que tratamos a diario con vítimas de violencia machista, e, porén, cos seus fillos e fillas, algúns deles moi pequenos, mesmo bebés, sabemos a angustia con que algunhas destas mulleres viven as visitas paternas, porque non están tranquilas, non por amolar as ex parellas, como a maioría semellan crer, senón porque realmente temen polos seus fillos.

Son tamén moi frecuentes os casos nos que, sendo os nenos un pouco máis maiores, é autenticamente desgarrador ver como choran e se aferran as mans das súas nais cando teñen que marchar co seu pai, ou adolescentes que se negan en redondo a facelo, explicando, ademais, moitos deles, os motivos, que ninguén, agás as súas nais, semellen escoitar.

 

AFortunadamente, na maioría dos casos, a cousa non pasa de aí, mais son sinais de alerta que nunca se deberían minimizar e, por suposto, nos casos nos que isto sexa posible, basicamente por unha cuestión de idade, escoitar aos menores, as súas razóns para ese rexeitamento a estar cos seus pais, que non sistematicamente se deben, como moitos se obstinan en repetir, a que as nais os poñan na súa contra.

 

Vemos, en non poucas ocasións, casos de menores que, cando regresan das visitas estipuladas, o fan nun estado lamentable.

Desaseados, case sempre vestidos coa mesma roupa que levaban o día que marcharon, con cueiros que, evidentemente non foron cambiados en horas e horas, que contan coma durante todo a fin de semana ou o período vacacional practicamente non saíron á rúa, mentres o proxenitor xogaba coa videoconsola, ou vía película tras película, sen facerlles o menor caso, os que os someten a auténticos interrogatorios tentando saber como é a vida da súa nai, se ten ou non ten parella, se sae con amigos, que non se cortan en falarlles mal dela, ou insultala, que devolven a roupa dos menores en mochilas ou bolsas nunhas condicións deplorables, convertida en auténtico lixo, que desde o momento no que os recollen, os deixan cos avós, o cal non é malo para os nenos, eso por descontado, pero que demostra claramente o interese que realmente teñen en pasar con eles, que é ningún, que o empeño en levalos se debe, unicamente ao desexo de danar a nai , que os "alimentan", nos días que duran as visitas a base de comida lixo, etc, etc, etc.

 

Todos istos sinais son xa unha forma de violencia vicaria, no seu estado inicial, sendo, porén, susceptibles de ser denunciados, como nos sempre recomendamos ás nais que fagan.

 

Por desgraza, case todas se amosan remisas a facelo, por medo ás posibles represalias das súas ex parellas, e as poucas que están dispostas, lamentablemente, ven como as súas denuncias son cualificadas pouco menos que de perrenchas, desexos de vingarse das súas ex parellas, ou mesmo celos no caso de que estes teñan unha nova relación, esquecendo que o foco debe poñerse, nestes casos, nos menores, e non nos proxenitores, asumindo, ademais, un papel que soamente lle corresponde ao xuíz, e advertindo, ou máis ben ameazando as nais, iso si, dos posibles castigos que lles pode ocasionar a negativa a deixar marchar os nenos co proxenitor, entre os que se inclúe o cárcere, por moito que ela lles diga e lles reitere aos encargados de recoller a denuncia que teme por eles, mesmo en momentos de especial risco, como pode ser un proceso de divorcio, ou o comezo dunha nova relación da nai.

 

A violencia vicaria non comeza de súpeto, o día que se consuma o infanticidio, e ante certos sinais, o máis elemental sentido común debería facer primar os menores, a salvagardalos do perigo, e non limitarse a facelo todo "polo libro", porque é o que menos traballo dá, ou, peor aínda, a botar as mans a cabeza cando xa non ten remedio, cando a traxedia xa é un feito.

 

Para rematar, compre aclarar algo moi importante e sobre o que non queremos que quede ningunha dúbida: Isto non se trata, nin moito menos, de demonizar a estes proxenitores.

Afortunadamente, a inmensa maioría son excelentes pais, pero o que é innegable, é aos feitos nos remitimos, e que a prevención debe impoñerse, máxime cando falamos das vidas de menores.

 

Unhas medidas de prevención poden ser reversibles no caso de non ser necesarias. Os asasinatos dos menores, non, e, non o esquezamos, eles, as súas vidas son o primeiro.

 

Asociación Si, hai saída