Que se sente sendo cómplices dun crime?

13 de abril 2025

Josefa, da que xa ninguén se lembra, porque, se toda fama é efémera, a das vítimas da violencia machista, a súa tráxica "fama", é a que máis, porque dura o que duran os hipócritas minutos de silencio

El teniente de alcalde de O Bolo (Ourense) y sobrino de la mujer presuntamente asesinada por su marido este domingo, Miguel Ángel García Fariñas, ha lamentado que ella nunca denunció, y ha hecho hincapié en que "cuando la gente tenga conocimiento de estas historias, hay que denunciar".

"Ella nunca quiso denunciar, la familia está consternada porque nadie espera que esto pueda pasarte, ahora tenemos cargo de conciencia pensando si podíamos haber hecho algo", ha esgrimido este lunes el sobrino y portavoz de la familia.Según ha trasladado a preguntas de los medios, el detenido "estaba bebido" cuando comenzó a discutir con la víctima y la apuñaló, presuntamente, con un arma blanca. En este sentido, ha confirmado que en ocasiones anteriores el detenido ya se había mostrado agresivo."Me gustaría decir que cuando una persona es alcohólica y va a los bares, por favor que no le rían las gracias ni se hagan comentarios como 'cuando llegues a casa a ver la mujer...', porque todo influye para que acaben pasando estas cosas", ha aseverado”.

Comezo a escribir este artigo dun xeito moi pouco ortodoxo, ben o sei, pero se o fago así é por unha razón moi clara, porque é sumamente importante reproducir literalmente as verbas que recollen esas liñas, pronunciadas por Miguel Ángel García Fariñas, tenente de alcalde do Bolo (Ourense), e sobriño de Josefa, a muller asasinada polo seu marido hai menos dunha semana, xa que son o resumo perfecto da noxenta e falsa "concienciación" que a día de hoxe, en pleno ano 2025, existe en canto á violencia machista e ás súas vítimas. E se menciono a condición de tenente de alcalde deste "señor", non é por casualidade, senón porque, entre a clase política é, e lamentamos ter que dicilo, un dos eidos nos que isto se fai máis patente, cando debería ser o exemplo de todo o contrario.

Tamén é verdade que cando algo non importa, non importa, e que, cando no sitio do corazón se ten puro pedernal e a conciencia é, sinxelamente, un concepto abstracto que, aos que xa temos uns anos nos ensinaron no catecismo, pouco ou nada se pode agardar de tales personaxes, agás que utilicen as vítimas, se lles interesa e sen escrúpulo ningún, ata que xa non poden sacar máis nada delas, como xa veñen facendo, e perfeccionando cada vez máis, se cabe, a súa "técnica", da que xa son auténticos virtuosos... e virtuosas!, algo moi importante a ter en conta.

Josefa, da que xa ninguén se lembra, porque, se toda fama é efémera, a das vítimas da violencia machista, a súa tráxica "fama", é a que máis, porque dura o que duran os hipócritas minutos de silencio e, cun pouco de "sorte", algo máis se son asasinadas en campaña electoral, xa que, nese caso, son utilizadas ata que xa non se lles pode sacar máis rendemento, é, ata agora, a última vítima mortal da violencia machista, e un máis dos exemplos dunha morte, ou, mellor dito, dun asasinato, que puido ser evitado, porque, como o seu "prezado" sobriño, que fai uso do seu cargo público para erixirse en voceiro da familia, recoñece, o inferno no que estaba a vivir era sobradamente coñecido pola súa contorna, pero todo o mundo optou por calar, converténdose así en cómplices do executor material do crime que lle arrebatou a vida.

Pero por se non abondase con isto, o tenente de alcalde e voceiro da familia non dubida en responsabilizar a Josefa, que pagou coa súa vida a desaprensión, a falta de empatía, de humanidade, de todos eles, do seu tráxico final, alegando que nunca quixo denunciar... É que non hai palabras abondo para definir a desvergoña deste individuo, a súa crueldade, e a súa ignorancia, porque, polo visto, descoñece que a vergoña, o medo, a anulación á que os agresores conducen as vítimas, a indefensión aprendida -esta nin lle soará, claro-, así como a incomprensión da súa contorna, da que el e todos aqueles aos que di dar voz son o vivo e inmoral exemplo, como queda máis que fielmente reflectida neste caso, acompañada, en moitos dos casos, da falta de recursos, lles impide reaccionar.

E, por se todo isto non fose abondo, mesmo atopa unha xustificación para o executor material, e recalco o de executor material, porque todos eles axudaron a matar a Josefa, alegando que "estaba bebido". Acabáramos home!, habelo dito antes, porque, nese caso, hai que perdoalo, faltaría máis! E xa non falemos da súa noxenta arenga coa que remata o seu vomitivo discurso en canto a rirlles as grazas aos alcohólicos na taberna... E é que non hai por onde collelo!

Manifesta agora, con xesto compunxido, que tanto el como o resto da familia teñen cargo de conciencia pensando se poderían ter feito algo... Vaia por Deus, hai que compadecelos polo mal que o están a pasar, pobriños e pobriñas! A súa si que é unha desgraza, e non a de Josefa, á que eles axudaron a matar co seu silencio cómplice! Non se pode ser máis miserable.

Pero isto non é o peor de todo. O peor é que este individuo, como sucede en moitos casos semellantes, en case todos, de feito, está a admitir publicamente o seu coñecemento dun delito, violencia de xénero, obviamente, e a comisión, pola súa parte, doutro non menos grave, de omisión de socorro, e ninguén con competencias actúa.

Que clase de leis temos neste país noso de pandeireta, que permiten que aqueles que saben que unha muller está a ser maltratada, que o admiten publicamente con todo descaro, queden impunes?

Sucedería o mesmo de manifestar alguén publicamente ser o autor ou autora dun roubo, por exemplo? Obviamente, non.

Admitámolo xa dunha maldita vez: Vivimos nun país no cal a violencia machista, ademais de estar xa máis que normalizada, é un negocio do máis suculento, ao abeiro do cal non deixan de nutrirse máis e máis "chupópteros" e "chupópteras", polo cal, NUNCA, e reiteramos, NUNCA, así, con maiúsculas, non soamente non vai desaparecer, senón que non vai deixar de medrar.

E imos rematar cunha pregunta, a mesma coa que comezamos: "Sr." García Fariñas, que se sente sendo cómplice dun crime, porque vostede sábeo ben, non si?

Asociación Si, hai saída