Por un futuro sustentable: si á compostaxe!

15 de marzo 2015
Actualizado: 18 de xuño 2024

PSOE E PP, aliáronse  no Pleno da Corporación, para botar abaixo a proposta do BNG de adhesión á planta de compostaxe para o tratamento do lixo orgánico que hoxe maioritariamente se queima en Cerceda.

Cando o Concello de Pontevedra e a Deputación, a través dun acordo histórico entre dúas institucións gobernadas por forzas antagónicas, ofrecen unha alterantiva ao problema do tratamento do lixo, en Marín, PP e PSOE, alíanse precisamente para o contrario.

Os argumentos esgrimidos, se podemos charmarlle así,  poñen en evidencia a falta de responsabilidade por parte de dous grupos que ademais representan a Marín na  Deputación a través da señora Ramallo e o señor Fran Veiga, aos cales non se lles coñece nin a mínima iniciativa a favor de Marín neste organismo do que si cobran unhas substanciosas dietas.

Calquera que consulte os programas electorais destes dous ⿿grandes⿝ partidos políticos comprobará que ambos apostaban por descentralizar o tratamento do lixo e polo compost evidenciando, polo menos, que son conscientes de que hai un problema.

O BNG tamén. E, aínda recoñecendo que o proxecto da Deputación e o Concello ten aínda moito por andar, o certo é que se está no camiño e en nove meses case todo foron avances, e son coñecidos a través dun proceso público e transparente.

Queimar os restos de podas, a materia orgánica que se acumula no monte e nas leiras abandonadas pola deserción  do agro, os restos vexetais dos mercados e dos xardíns, das nosas casas, ⿦, é un luxo que non nós podemos seguir permitindo. Levalos a centos de quilómetros de onde os xeneramos para logo acumulalos en vertedoiros cuxas dimensións desbordan a nosa imaxinación, tampouco. ÿ esta a alternativa que ofrecen o PP e o PSOE  para Marín? Acumular, queimar, pagar un recibo e canon esaxerados para ⿿desfacernos⿝ do noso lixo?

A compostaxe pasa tamén pola confianza na cidadanía, no seu compromiso, na súa corresponsabilidade e implicación nun sistema que doutro xeito non funcionaría.

A nosa obriga, como responsables políticos, é a de informar e facelos partícipes para evitar o reixeitamento.

Velaí o reto: aproveitar esta oportunidade e dar pasos adiante en beneficio de todos(as)!