Dende a Plataforma do Feminismo Radical de Galicia queremos achegarvos un pequeno vídeo no que explicamos as razóns do noso rexeitamento ao Proxecto de Lei Trans que mañá debatirá o Consello de Ministros e que, de ser aprobado, iniciaría o seu trámite parlamentar sen contar co debido consenso social.
Esta proposta lexislativa, profundamente regresiva, pode supoñer un mazazo aos dereitos conqueridos pola muller en pro da igualdade, a protección da infancia e a liberdade sexual longamente reclamada polo colectivo LGB.
Plataforma do Feminismo Radical de Galicia