Para cando se apaguen as luces

01 de xaneiro 2024
Actualizado: 18 de xuño

Agora que enchemos de luces as cidades e as casas. Agora que adornamos con guirnaldas e ramiños de acivro os fogares e rúas. Agora que agasallamos bicos e abrazos. Agora que abrazámonos ao consumismo e derroche. Agora que enchemos os centros comerciais e baleiramos as tendas dos barrios

Agora que enchemos de luces as cidades e as casas. Agora que adornamos con guirnaldas e ramiños de acivro os fogares e rúas. Agora que agasallamos bicos e abrazos. Agora que abrazámonos ao consumismo e derroche. Agora que enchemos os centros comerciais e baleiramos as tendas dos barrios.

Eu estou cos que apagan as luces das àrbores para que poidan durmir os paxariños no que é o seu fogar a cotio. Cos que coñecen os nomes dos paxaros, as pedras e as plantas. Dos que se abrazan ás àrbores na  procura de tenrura. Dos que remexen nos contenedores do lixo por necesidade de atopar o que a nós nos sobra para tirala fame. Dos que dormen nun leito de cartón con teito de estrelas en mantas frias. Cos que limpan os rios e as praias no seu tempo de lecer. Polos que se organizan contra a inxustiza e non se renden nunca. Polos que pensan que unha lexitima defensa non xustifica que se maten nenos e nenas e destrúan fogares inocentes. Polos voluntarios, médicos, enfermeiras e demais xentes que deixan o benestar persoal para ir xogarse a vida para tratar de axudar os demais sen ánimo de lucro. Polos que acariñan e recollen animais abandonados.

Estou cos poetas e escritores que presentan un libro nunha sala baleira e falan e sorrín como se estivese ateigada. Polos que nada teñen e todo comparten. Cos que veñen en pateiras na busca da terra prometida fuxindo dunha guerra ou da miseria e dámoslles as costas. Polos que agardan pola choiva para vender nas esquinas paraugas  para sobrevivir co medo de que veña botalos a policía. Polos xubilados que, no seu tempo de lecer; ensinan todo o seu coñecemento pola flora e fauna do Gafos nos paseos cos escolares. Polos que aínda len libros nas rúas e os tratan como raros.bCos que falan sós polas rúas sen móbil. Cos que doan alimentos aos desfavorecidos. Polos donantes dos bancos de alimentos. Polos que doan sangue e órganos e salvan vidas.

Polos que aínda seguen a mandar cartas contra a soidade aos velliños e velliñas das residencias. Cos que pensan que ter un rio tapado ou cortar unha àrbore e non plantar outra e un aldraxe contra a natureza. Estou cos que agasallan libros que xa leron. Cos que pensan que cada barrio tiña que ter unha biblioteca. Cos que pensan que ningunha guerra é xusta nin santa. Polos que recollen os plásticos e botellas nos paseos. Polos que manteñen as nosas tradicións e aínda cantan aos Reis Magos e traen o Apalpador. Polos que recordan as lavandeiras, as leiteiras e fotógrafos de rúa como persoeiros entrañables doutro tempo e non dan ao esquecemento. Dos que pensan que non debimos acabar cos estorniños e derrubar chemineas que foron recordos dos dourados días da infancia. Cos que pensan que sen tantas luces e máis solidariedade e xustiza tamén serían unhas boas festas. Feliz Ano Novo!