O Limiar da pobreza sitúase en Galiza a sete puntos por riba da media española (39.2%)

09 de xaneiro 2019
Actualizado: 18 de xuño 2024

Algo estase a facer mal por parte do noso Goberno da Xunta. Na Galiza o Goberno da Xunta , liderado polo PP  sempre sostibo que é,  a única marca que garantizaría a sustentabilidade  do sistema, e apoiándose  en diferentes informes, o mesmo Goberno do PP xustificaron as reformas efectuadas no sistema público de pensións que se levaron a acabo nestes últimos oito anos, reformas que deron pasos cara o  retroceso de cobertura no noso sistema.

Algo estase a facer mal por parte do noso Goberno da Xunta.
 
Na Galiza o Goberno da Xunta , liderado polo PP  sempre sostibo que é,  a única marca que garantizaría a sustentabilidade  do sistema, e apoiándose  en diferentes informes, o mesmo Goberno do PP xustificaron as reformas efectuadas no sistema público de pensións que se levaron a acabo nestes últimos oito anos, reformas que deron pasos cara o  retroceso de cobertura no noso sistema. Si o analizamos dende os datos estadísticos, os números son de todo menos de sustentabilidade  ou suficiencia, e en ningures dos casos se fala do deterioro sufrido na vida dos nosos pensionistas presentes e futuros.
 
E verdade que o sistema de pensións é competencia exclusiva do Estado, polo que os resultados da súa administración en cada territorio non poden atribuirse os gobernos de turno das comunidades autónomas. Pero éstos, sí son responsables das condicións demográficas, sociais, laborais e económicas sobre as que ese modelo se asenta, e das que en boa medida depende a súa  sustentabilidade  futura. 
 
O Estatuto de Galicia no seu  Título II, Artigo 33 dí:
1.Corresponde a Comunidade Autónoma o desenrolo lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de sanidade interior.
2.En materia de Seguridade Social corresponderá a Comunidade Autónoma o desenrolo lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado, salvo as normas que configuran no réximen económico da mesma.
3.Corresponde tamén a Comunidade Autónoma a xestión do réximen económico da Seguridade Social en Galicia, sin perxuicio da Caixa Unica.
4.Corresponderá tamén a Comunidade Autónoma a execución da lexislación do Estado sobre productos farmacéuticos.
5.A Comunidade Autónoma poderá organizar e administrar a tales fins e dentro do seu territorio todolos servizos relacionados coas materias antes expresadas, e exercerá a tutela das institucións, entidades e fundacións en materia de Sanidade e Seguridade Social, reservándose o Estado a alta inspección conducente ao  cumplimento das funcións e competencias contidas  neste artigo.
6.O artígo 27.23 do Estatuto de autonomía de Galicia atribuie a Comunidade Autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social.
7.A Lei 13/2008, de 3 de diciembre, de servicios sociales de Galicia, en su artículo 18.1.c) incluye las prestaciones económicas orientadas a satisfacer necesidades pecuniarias en el catálogo de servicios sociales y el artículo 21.1 establece que son prestaciones económicas del sistema gallego de servicios sociales las aportaciones en dinero, de carácter periódico o de pago único, que tengan por finalidad, entre otras, paliar situaciones transitorias de necesidad.
 
Como, coas ferramentas lexislativas e xudiciais coas que contamos, se pode permitir tanto o Goberno Central como o Goberno da Xunta de Galiza que 3 millóns de galegos e galegas  vivan por baixo do limiar da pobreza?
 
Atopámonos con que:
A falta dunha política de xeración de emprego na Galiza fai que soamente recuperaramos un 41% do emprego perdido durante a crise, o que se traduce en que se perdeu aproximadamente 48.000 cotizantes dende que goberna o PP, e o que se recuperou o fixo en moi malas condicións.
 
España ten uns 19 millóns de afiliado a Seguridade Social, o que correspondería a unha ratio cotizante/pensionistas de  2 por 1, na Galiza so pouco máis de un millón  polo que a ratio sitúase nun 1.28, éste descenso de ratio  que ven motivada polo noso inexistente mercado laboral, e a  gran despoboación que está a sufrir Galiza, principalmente no medio rural cara a emigración interior e/ou exterior, o que sitúa a provincia de Ourense como a primeira ondeo número de pensionistas e xubilados é superior a poboación activa , e en pouco tempo seguirá Lugo, que só é sostentada por concellos como Monforte.
 
Atopámonos cunha taxa de desemprego dun 14.71%, que aparentemente podería parecer interesante pero que por desgraza non se dá pola contratación ou polo paso de poboación desempregada a empregada, senón que dita modificación da taxa ven provocada  por tres índices moi importantes neste intre na nosa sociedade como son o envellecemento, emigración e  disminución da poboación demandante de emprego, esta última provocada polo desánimo na procura de emprego ou maioritariamente mulleres debido a ter que levar a cabo unha vida de coidados, polo que xa non poden seguir a competir en dito mercado laboral.
 
O ano 2017, casi a cuarta parte da poboación galega estaba en risco de pobreza, o informe “Estado de la pobreza 2018″ en Galiza revela que quedan máis de 612.000 persoas en esta situación.Aínda que a cifra mellorou un pouco respecto a anos anteriores, dita melloría non chegou as mulleres, o 24,4% siguen en risco de pobreza e/ou exclusión social, fronte ao 20,7% dos homes. A tendencia a la feminización da pobreza en Galicia é especialmente palpable cos datos específicos de pobreza, con tasas 3,6 puntos máis elevadas para as mulleres que para os homes.
 
A crise non só azoutou a clase traballadora na Galiza, tamén o fixo en gran medida na nosa poboación máis vulnerable que é a xubilada e pensionista. O Goberno Central leva a cabo tanto no 2011 por parte do PSOE como no 2013 por parte do PP, sendas reformas en pensións que levaron a un descenso no poder adquisitivo dos xubilados dun 20% e un 15% respectivamente , ísto coa carencia dun mercado laboral galego estable e con salarios dignos,  desembocaron na situación actual, onde máis de 310.000 pensionistas galegos están a ter ingresos por baixo do limiar da pobreza, considerándose vivir por baixo do limiar da pobreza os 8.200 euros anuais tal e como indican os  Técnicos do Ministerio de Hacienda (Gestha).
 
Un de cada catro galegos é maior de 65 anos, aproximadamente unhas 761.075 persoas,  cunha pensión media de 783 €/mes cunha fenda dun 15% por baixo da estatal,  o  63%  das persoas  perceptoras dunha pensión o fan por unha cuantía inferior ao Salario Mínimo Interprofesional situado nos 735.9 euros/ mes.
 
A media da viuvez atópase en 555,82 euros; a orfandade en 377,63 euros; e a favor de familiares en 483,89 euros e tendo en conta que Un de cada dez pensionistas percibe prestacións inferiores aos  300 euros o mes e que máis de 27.000 pensións  nin alcanzan os 150 euros o mes. 
 
Algo estase a facer mal por parte do noso Goberno da Xunta, cando no 2017, a masa salarial galega ingresou en cotizacións sociais 4.993 millóns de euros, e aboa en prestacións por cuantía de 7.565 millóns de euros producindo un déficit  de máis de 2500 millóns € e o peor  é que esa perda de ingreso sigue en aumento, según  informes de execución presupuestaria da Seguridade Social en Galiza entre xaneiro e xuño do 2018 para o abono de prestacións ascendeu xa a 3.338 millóns mentres a recadación só vai en 1.730 millóns, o burato a metade de ano xa superou os 1.600 millóns €. 
 
As galegas e os galegos precisamos un Goberno da Xunta de Galiza que se chame protector do noso Estado de Benestar e con el o piar fundamental do mesmo que é o noso sistema. Deberían enfocarnos sempre o Sistema de Seguridade Social dende a óptica de que as prestacións sociais que entran nos fogares da cidadanía contribúen a unha mellor distribución das rendas na sociedade, falamos que as mulleres, maioritariamente xestionamos a economía de 2.2 millóns de fogares. 
 
Que o noso sistema é un ente distribuidor da riqueza entre a cidadanía e que con políticas sociais axeitadas poderíase quitar a diante millóns de persoas da marxinación e exclusión social.