O "Campeón" do slogan

20 de agosto 2021
Actualizado: 18 de xuño 2024

Calquera que se teña achegado a Pontevedra descubrira que na capital temos un grande, grandísimo campeón. Viralle a cabeza o triatleta Gomez Noya ou o Clube de Baloman El Cisne- Colexio Os Sauces

 

Calquera que se teña achegado a Pontevedra descubrira que na capital temos un grande, grandísimo campeón. Viralle a cabeza o triatleta Gomez Noya ou o Clube de Baloman El Cisne- Colexio Os Sauces.

 

A volta caemos na conta que diante da "Campeón" aparece un nominativo:"Lores". Pode que o turista ocasional non teña conciencia de quen é tan singular individuo

 

Remata a prosa de barricada vencellando o "Lores", causa, co "Campeón do Paro", efecto. Está claro que os autores, autoras ou eles refirense a que a cidade, e non Lores, vai ter moito paro, o paro mais largo e extenso de Pontevedra, Galiza ou España.

 

A reiteración do slogan de barricada en canta rotonda hai para entrar ou escapar de Pontevedra obrígate a pensares na veracidade da imputación, da correcta e preciso vencellamento de causa, Lores, e efectos, paro a esgalla. E unha afirmación tan repetida, tan rotunda que non queda outra que investigar a veracidade da mesma.

 

Anticipa un a certeza da afirmación. O número, ubicación, reiteración e mesmo colorido da afirmación coverten por si en "super cierto" o afirmado. Tantos e tan intelixentes grafiteiros de rotonda non poden estar errados.

 

Non hai como o IGE (Instituo Galego de Estatística) para saír de dúbidas. Procuramos nos concellos de características semellantes, de aproximada poboación e .. zas¡¡ a primeira nos morros: segundo o IGE en Ferrol o paro é do 16,69%, en Ourense do 15,76%, en Vigo do 15,56% , en A Coruña do 13,83% e Pontevedra, onde goberna o campeón do paro Lores, é do 12,87%... ten que ser un erro. Revisamos series históricas e máis do mesmo, Pontevedra non é, nunca, a "Campeona do Paro" na serie histórica que comprende o mandato de Lores. Non é , tampouco, a mellor das grandes cidades galegas máis e das que mellor safan as crise de emprego.

 

Unha fonda decepción: non estaban ben informados os grafiteiros, algo cheira nesta manobra de despiste. Lores non é o campion do paro, nin tan siquer o subcampeón, nin tan siquer o medalla de bronce. Lamentabel fiasco para os grafiteiros de rotonda. (que pinten a súa casa). Ata Caballero vai por diante súa.

 

Só unha conclusión podese sacar: os, as e eles autores tiñan pouca ciencia ou escura conciencia. Ou as dúas. No xogo de "Todo vale" empregaron unha vez máis a mentira, a trola, xogar o despiste e sobre todo ó autoengano, a taparse os ollos diante dunha realidade social que non entenden e non respetan.

 

O máís asqueroso, nesta xeira, e que a igual que os políticos nacionaís utilizan os enfermos e mortos da pandemia para zurrarse teñan a ousadia de empregar os demandantes de emprego, os parados, para construiren un argumentario falso e falaz.

 

Cumprese un aforismo propio da maís ruín propaganda: "Que a verdade non estrague un slogan falaz".