Non o teñen doado

29 de outubro 2017
Actualizado: 18 de xuño 2024

Dende o 15 de setembro, data na que foron despregados en Cataluña as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (Policía Nacional e Garda Civil) para garantir a seguridade publica, durante o chamado 'procés', observamos a través dos medios de comunicación, como os seus membros eran obxecto de ataques de odio, acoso ou persecución, por parte de sectores independentistas radicais  

Dende o 15 de setembro, data na que foron despregados en Cataluña as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (Policía Nacional e Garda Civil) para garantir a seguridade publica, durante o chamado 'procés', observamos a través dos medios de comunicación, como os seus membros eran obxecto de ataques de odio, acoso ou persecución, por parte de sectores independentistas radicais

Esta campaña organizada, posto que foi simultánea e elixindo os mesmos obxectivos (hoteis, Comisarias, Casas Cuarteis, ximnasios, restaurantes, taxis, etc.) forma parte dun plan que pretendía poñer no centro da presión de determinado sector social a quen, por orde xudicial, se limitaron a cumprir coa legalidade durante o día 1 de outubro. O obxectivo derradeiro sería a saída das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado de Cataluña, como elemento necesario para que a impunidade puidera abrirse paso.

Esta práctica, de extrema gravidade nunha democracia e nun estado de dereito, descansa no acoso persoal aos axentes. E bo recordar que no devandito despregue, atópanse máis de 200 policías e gardas civís que desenrolan o seu traballo e viven na provincia de Pontevedra. E dicir, os seus veciños. Curiosamente, moitos deles, son os mesmos que participaron no rescate e excarceración no accidente de Angrois ou os que participan diariamente no dispositivo de seguridade polas nosas cidades e vilas, con motivo do Nivel 4 de alerta  antiterrorista na que se atopa España. Ou compañeiros e compañeiras dos que arriscaron a súa vida para salvar a dos demais, ou o noso patrimonio forestal, na recente vaga de lumes

Están alí, non de cruceiro, nin porque eles o queiran, senón representándonos a todos en defensa da legalidade. Tiveron que saír dos hoteis coma cans, cando o único que fixeron foi defender a legalidade por orde de xuíces e fiscais, facendo de xeito proporcional e axeitado ás circunstancias de cada momento. E, como somos respectuosos coa legalidade, se alguén se excedeu, velaí están os xuíces e tribunais para delimitar responsabilidades. Tampouco é convinte esquecer as bastas manipulacións que se fixeron sobre os feridos, facendo bo o dito de que se colle primeiro a un mentireiro ca a un coxo.

Hai unha frase que non é miña, senón de alguén tan pouco sospeitoso de demócrata e progresista, como o socialista Guillermo Fernández Vara, que describe moi ben o que pasaron e están a pasar os policías e gardas civís en Cataluña: "Los progres de pacotilla creen que la defensa de la legalidad algunos la tienen en exclusiva por la vía del 'buenismo', pero es que hay gente que el domingo sufrió, españoles y españolas con los mismos derechos que los demás, y por los que nadie está dando la cara".  

Por iso saudamos favorablemente todas aquelas iniciativas encamiñadas a ter un xesto de apoio e solidariedade con estes veciños/as da provincia de Pontevedra, que son os policías e gardas civís destacados en Cataluña, co gallo do proceso separatista.

O Concello de Pontevedra rexeitou ese apoio, pola maioría independentista do BNG, quen aproveita a Constitución para acceder ás institucións e a despreza cando é contraria aos seus intereses, e pola marca branca en Galicia de Podemos, cuxo portavoz no Concello zumega, en cantidades abundantes, aversión e hostilidade, cara  aos Corpos e Forzas de seguridade do Estado, asemade duns niveis de demagoxia sublimes e dunha manipulación sen límites.

Pola súa banda, a Deputación de Pontevedra sacou adiante un apoio aos policías e gardas civís destacados en Cataluña, cos votos favorables de PSOE e PP, non sen enredarse antes da votación en cuestións que nada tiñan que ver co obxecto final. Que si o 155, que si apropiación partidista, que si eu fago máis que ti polos Corpos e forzas de seguridade....Iso houbérase evitado de permitirse a intervención dun membro do Sindicato Unificado de Policía que, o único que ía solicitar era ese apoio, sen entrar a valorar cuestións que deran lugar a liortas partidistas. Así o recoñeceu a propia Presidenta ao dicir que “el debate derivó en algo que no se corresponde”. Máis, ao final, os policías que alí estivemos, saímos satisfeitos porque unha maioría da representación provincial amosou o seu apoio e respecto polo traballo desenrolado durante estes días en Cataluña.

O bo de todo isto é que os cidadáns de Pontevedra, cidade e provincia, xa saben quen apoia á súa policía e garda civil, quen quere unha España unida, onde todos teñamos cabida e sexamos máis fortes, e quen quere una Galicia separada. 

Máis, tal e como están as cousas, moito me temo que lles queda moito que esperar. Certamente, no teñen doado.