Jacón

19 de marzo 2022
Actualizado: 18 de xuño 2024

Manuel Area Soto nacera no Outeiro de Cantodarea en 1883. Foi unha persoa cunha gran formación persoal e comprometida cos dereitos da clase mariñeira, levoulle na participación da Sociedade de Patróns de Cabotaxe de Marín, adherida á UGT, e da que ocupou varios postos de responsabilidade, entre eles a súa Presidencia

Manuel Area Soto nacera no Outeiro de Cantodarea en 1883. Foi unha persoa cunha gran formación persoal e comprometida cos dereitos da clase mariñeira, levoulle na participación da Sociedade de Patróns de Cabotaxe de Marín, adherida á UGT, e da que ocupou varios postos de responsabilidade, entre eles a súa Presidencia.

En 1923, viaxou a Madrid con outros mariñeiros do concello en Comisión, co propósito de que o goberno respectase o acordo sobre o descanso dominical. Coa chegada da república española en 1931 ingresou no Partido Republicano Radical Socialista, que se transformaría despois en Esquerda Republicana. Co golpe de estado de 1936 foi perseguido e acusado de pertencer á Fronte Popular, sendo separado do servizo como Práctico do Porto de Marín. En 1941 incoáronlle Expediente de Responsabilidades Políticas. Faleceu na vila de Marín en 1951.

O seu fillo Luís Area Teijeira, nado na Mouta en 1908, trasladouse a Asturias e militou na CNT. Veciño de Avilés, co estoupido da guerra foi nomeado Tenente do Batallón Mario 212, pertencente ás forzas regulares do exército republicano. Ao intentar fuxir en barco tras a toma de Asturias, foi apreixado polo bando franquista e fusilado en Xixón en 1938.