Intérpretes

05 de marzo 2023
Actualizado: 18 de xuño 2024

Sorprende isto de que un "gran goberno" como o que temos en troques de adicarse a planificar, promover, executar... programas de promoción económica e laboral, de asentamento e desenvolvemento comercial, de polígonos industriais ou mesmo comercias teña que votar man da iniciativa privada, do soado Sr. Roig, para poderse gabar e mesmo fachendar dunha obra que – por moi "espectacular" que nos poida parecer – e produto dunha actividade empresarial con fins nidiamente lucrativos.

"O goberno local interpreta a apertura dun novo Mercadona coma unha mostra do crecemento de Marín".

Podíase ler este ou similar titular o pasado día 28 en pontevedraviva.com e outros dixitais.

Sorprende isto de que un "gran goberno" como o que temos en troques de adicarse a planificar, promover, executar... programas de promoción económica e laboral, de asentamento e desenvolvemento comercial, de polígonos industriais ou mesmo comercias teña que votar man da iniciativa privada, do soado Sr. Roig, para poderse gabar e mesmo fachendar dunha obra que – por moi "espectacular" que nos poida parecer – e produto dunha actividade empresarial con fins nidiamente lucrativos.

Inferir, ou mellor falando, interpretar que iso é sintomático dun atractivo negocio – que o é – e síntoma do crecemento de Marín, pódese dicir que cando menos é orixinal, ocorrente, cando non fantasioso ou mesmo extravagancia. Parece que Partido Popular interpreta unha partitura da que non ten, en propiedade, os dereitos de autor.

E unha forma chusca, chapuceira de converter os actos de terceiros en méritos propios. Esperabamos mais. Un pirateo – corsario – da iniciativa de terceiros.

Non é cuestionable o atractivo que ten Marín para estas e outras empresas: a inacción do goberno do Partido Popular durante os derradeiros doce anos na planificación comercial converteu a Marín no concello do Morrazo con menor SBA (Superficie Bruta Alugabel) por habitante.

Fachandea, asemade, de converter e transformar unha parte "tan céntrica de vila": Ben que é certo, mais esquecen que esa transformación e produto e interese da iniciativa privada e – que un saiba – a equipa de Poder do Partido Popular tería que ocuparse e preocuparse mais e mellor da iniciativa pública, da iniciativa de todos e todas..

Cando o Partido Popular tenta converter as accións de terceiros en méritos propias comete, dende o punto de vista do interese público, un erro político de fondo calado: pon en evidencia a súa incapacidade para planificar e acadar modelos de desenvolvemento de Marín dende unha institución, o Concello, que para iso está deseñada. Fala do súa incompetencia e do seu fracaso. Amosa, por xunto, que a querencia, o gusto e parece que o amor polos intereses privados forma parte da súa xenética. E así é,¿non?.

Si un fora mal pensado, que o é, hasta podería chegar a "absurda convicción" que as reformas e inversións realizadas na contorna, e pagas con cartos públicos, fanse "a medida" e ad-hoc para preparar e melloralas condicións de desenvolvemento da privada e lucrativa iniciativa do Sr. Roig.

Non nos acercariamos si o anterior fose certo, que o é, a un tufillo de prevaricación ou suborno, mais permite entender a algún veciño ou veciña especialmente sensibilizado coa importante carga fiscal do noso Concello, tivese a tentación de ter "mal pensados pensamentos". Depende de como interprete o conto.