Híbridos e ambiguos

07 de xullo 2023
Actualizado: 18 de xuño 2024

É sorprendente deterse un momento a analizar como a linguaxe moldea a forma en que pensamos e vemos o mundo. No mundo occidental é moi habitual clasificar a realidade en categorías opostas: bo/malo, xusto/inxusto, home/muller, intelixente/torpe, racional/emocional, motivado/desmotivado,... Esta forma de pensar busca impoñer orde no caos e parece que nos acouga

É sorprendente deterse un momento a analizar como a linguaxe moldea a forma en que pensamos e vemos o mundo. No mundo occidental é moi habitual clasificar a realidade en categorías opostas: bo/malo, xusto/inxusto, home/muller, intelixente/torpe, racional/emocional, motivado/desmotivado,... Esta forma de pensar busca impoñer orde no caos e parece que nos acouga. 
 
nosa hibridez, ambigüidade e contradicións.
 
Cómpre asumir que a realidade é moito máis complexa, indefinida, con matices e zonas grises. Debemos afacernos a cuestionar e revisar esas categorías binarias que tanto usamos, e tendemos a asumir como verdades case absolutas. Por exemplo, son adecuadas as dicotomías motivado/desmotivado ou intelixente/torpe para etiquetar ás persoas? Creo que todos pasamos por momentos de motivación e desmotivación ou de audacia e torpeza.
 
Ademais, estas categorías non son neutras, implican sempre unha, cunha valoración positiva fronte a outra considerada negativa, establecendo xerarquías entre elas. Por exemplo, na oposición entre razón e emoción, a razón adoita considerarse superior á emoción, pero case o mesmo podemos decir das demais. É importante cuestionar e deconstruir estas xerarquías e recoñecer que son construcións sociais e culturais que reflicten relacións de poder.
 
Pensar en termos medios é máis complexo, xa que require un exercicio de liberdade difícil de xestionar. Por exemplo, é máis doado falar no ámbito do xénero de  masculino/feminino que integrar outros trazos que orixinan unha variedade de xéneros diferentes. Por certo, en España están recoñecidos oficialmente trinta e sete xéneros e dez orientacións sexuais. Isto implica un maior esforzo mental para identificalos e adaptar as institucións a esta diversidade, pero sen dúbida é máis real.
 
     En definitiva, o pensamento binario é práctico pero impreciso, mentres que a complexidade é engorrosa pero máis exacta. Ás veces a preguiza mental impídenos transcender o binario.
 
Isto é especialmente evidente no ámbito político, onde estamos atrapados nunha dinámica de confrontación entre dous extremos, dereita/esquerda. As diferenzas de opinión percíbense como unha ameaza e perpetúase a idea de que só hai unha solución correcta. Este enfoque binario impide que consideremos opcións intermedias que poidan levar a un ben común máis amplo.
 
Para superar este pensamento binario en política, é necesario fomentar unha mentalidade máis aberta e flexible. Isto significa practicar a empatía e o diálogo, en lugar de adoptar posturas ríxidas. Escoitar e tratar de comprender os puntos de vista dos demais permítenos tender pontes e atopar puntos comúns, incluso con aqueles cos que non estamos de acordo.
 
    En definitiva, superar o pensamento binario en política implica recoñecer a complexidade e diversidade de enfoques. Buscar unha análise máis matizada, promover o diálogo construtivo, practicar a empatía, cuestionar as nosas propias crenzas, explorar a complexidade e fomentar o pensamento crítico. Ao facelo, estaremos preparando o camiño para un enfoque político máis integrador e aberto, capaz de afrontar os retos con máis eficacia e de promover o verdadeiro progreso e benestar para o conxunto da sociedade. É o momento de deixar atrás as limitacións do pensamento binario e funcionar como o que somos, seres fluídos e ambiguos. En definitiva como diríamos aquì:  Caer da burra.