Hernández, o da brigada de reparacións

14 de outubro 2012
Actualizado: 18 de xuño 2024

ÿ o conselleiro de obras, aínda que cambiou o nome por outro máis cool: de Medio Ambiente e Infraestruturas. ÿ Hernández, Agustín Hernández. O fillo aplicado que toda nai desexaría

ÿ o máis brilante e poderoso do goberno. Quen máis favores reparte. Enxeñeiro a quen se lle notan as horas de pupitre. Depuradoras, plans estratéxicos, directrices de ordenación, desdobramentos de estradas... obróns, obras e obriñas coas que aspira a superar a preguiza mental e económica que nos aflixe.

Seica o queren fichar os de Padre Casares, porque non atopan ninguén que recite a lista da compra coma él. ÿ como un displicente empregado de banca, unha peza perfecta do entramado institucional conservador.

ÿl, como todo o goberno sainte, non ten ideas, non traballa con conceptos de transformación da realidade. Eles están para deixarse ir, para deixar facer. Fan obras sen pensalas demasiado... o seu é o formigón armado, o asfalto, os viaductos... cousas así.

Poñamos por caso a estrada entre Pontevedra e A Lanzada... Desde que o mundo é mundo, todos os conselleiros de obras din que van mellorar esa desdentada sucesión de valados, hoteis, chalecitos de bairro alto, vivendas estilo cutrepaís, naves industriais, discotecas, algún vestixio da arquitectura popular... volumes que trenzan unha liña de asfalto sen beirarrúas nen árbores... niso nos fomos convertindo.

Hernández ten para esa vía unha aposta feliz: que sexa igual á que atravesa Sarria, por exemplo, que sempre gustou moito a Cacharro Pardo, un dos grandes referentes rurais da nosa dereita. Non se prantexan convertir esta milla de outro do turismo do país nun bulevar, nen facerlle carrís bici, nen ordear a súa cidade lineal continua, nen sacarlle tráfico no verán.

Concebir e deseñar unha doce vía chea de árbores e espazos seguros para ciclistas e peóns sería competir coa exhuberante natureza da marxe norte da ría. E Hernández non está aquí para iso. El só é o enxeñeiro da brigada nacional de reparacións, e como tal preocúpase pola chapa e pintura do país.

Cando actúan, se acaso constrúen unha beirarrúa e plántanlle sete ou oito rotondas con flores, para sumarse á moda da seguridade viaria... que vostede quere poñer un galiñeiro ou un taller de pinturas á beira dun hotel... que o alcalde quere deixarlle aos amigos que fagan unha chea de chalés ou un polígono industrial... pois claro... despois xa arranxaremos algo de turismo rural ou de posicionamento estratéxico do produto nominal, que para iso están as axencias de complicación semántica... e se o seu concello é do PP, tranquila, que xa lles facemos nós as aceras, e lles poñemos unhas farolas carísimas, coma as de Pontevedra.