Grazas por ser partícipes de mil anos de historia

23 de decembro 2019
Actualizado: 18 de xuño 2024

O 2019 será un ano que os veciños e veciñas de San Vicente de Cerponzóns non esqueceremos nas nosas vidas. Cada día deste ano estivo cheo de emocións, emocións ideadas polos membros da directiva e dos socios desta asociación

O 2019 será un ano que os veciños e veciñas de San Vicente de Cerponzóns non esqueceremos nas nosas vidas.

Cada día deste ano estivo cheo de emocións, emocións ideadas polos membros da directiva e dos socios desta asociación, dámosvos as grazas a todos polo apoio que nos destes ao longo da celebración do MILENIO DE CERPONZÓNS.

Foron horas de traballo, de procura, de rastrexo ata dar co dato que se buscaba, horas de intentos, tamén de algunha frustración , pero ante todo, de moita ledicia  e felicidade polo conseguido en xeral.

A nosa intención foi durante os últimos tres anos a de deseñar momentos nos que mediante unha serie de actividades, colaboracións, participacións etc. fosen reflectíndose nelas a nosa historia, o noso patrimonio, a nosa natureza, o deporte, a música... resumindo, en dar valor á nosa parroquia e á súa ampla historia ao longo destes mil anos.

Dentro da mostras de agradecemento que temos que dar ás institucións, partidos políticos, asociacións, clubs, medios de comunicación, empresas etc., tamén temos que facer unha mención especial a un grupo de veciñas e veciños e de persoas que non son da parroquia, que colaboraron de xeito conxunto coa asociación, para eles o noso sincero agradecemento, moito do que se fixo sen o seu apoio e colaboración non se podería chegar a realizar.

GRAZAS A TODOS E A TODAS !

Pero así como vaise este 2019 chega un ano en que temos que celebrar outra efemérides, o 40 aniversario da fundación da Asociación de Veciños O CHEDEIRO, polo cal non podemos deixar pasar esta data tan sinalada sen que se celebre como se merece.

Un único obxectivo : a nosa parroquia, as nosas xentes.

A Xunta Directiva de O CHEDEIRO desexámosvos unhas Felices Festas

 

Asc. De Veciños O CHEDEIRO de Cerponzóns