Poís sí, con perdón, é unha expresión feita que avisa o noso ouvinte que imos dicer algo importante e que mesmo pode ofender. Pedimos, por anticipado, excusas por si alguén se ofende por dicer o que pensamos.
Xa está feito, xa pedin disculpas anticipades por si alguen ofendose e, "vou ó trapo".
Xa estaba dito, escrito e publicado. Grazas o espazo de opinión que Pontevedraviva.com tivo a ben compartir o pasado 25 de xullo, no primeiro paragrafo do escrito entitulado "As contas da leiteira" tiven a posibilidade de compartir unha opinión que acaille ou anticipa o ocurrido hai uns días no Pregon das Festas: "Dende logo é sorprendente que sexa ENCE, a empresa, a que mellor pensa e actúa: faino pensando e facendo actuar á outra parte do dúo, os traballadores".
Perdón por citarme a min mesmo. É cuasi profético, pero fuxo de vaidades. Calquera con dous dedos de frente o tería pensado. Calquera con dous dedos, maís, sabedes que – as veces – unha suma de cerebros ben dotados pode dar contraproducente resultado.
As probas me remito: un cento de persoas traballadoras que cada un na súa casa, no seu espazo de ocio ou lecer, no seu espacio social pareceríanos "intelixente" mingua cando – por xuntas – as súas intelixencias - convertidas nunha autonomeada intelixencia de clase ou colectiva, levalles a actuar contra si mesmos, levalles a autodestrucción.
Non contra Lores, Silva ou sabe deus quen, senon contra os seus propios conveciños, coñecidos, amigos e amigos ... contra a maioría social de Pontevedra e a súa bisbarra representadas -entroutros- polo Sr. Lores e a Sra. Carmela Rego.
Agora ben, refutome se penso ou creo que ese conxunto de cerebros "ben pensantes" covertironse , ainda que fora por unhas horas, no puño e na espada do Clon primixenio: ENCE, a empresa, no Darth Vader desta guerra do eucalipto, cerebro pensante e alento das forzas escuras que dominan o imperio.
Non quero eu que ninguen imaxine – con perdón e por contraposición – a Lores como oLuke Skywalkerdesta mais que triloxia galáctica. E menos que alguen dé en pensar cal sería o papel de Carmela Silva neste escenario. ¿A pricesa Leia?
En serio e con perdón, permitome dicer que os traballadores de ENCE e ENCE mesma dispararonse un tiro no pé. É mais que evidente que faltou intelixencia e sobrou bilis.
Por último, e tamén con perdón, que pensa o Partido Popular de Pontevedra desta Kale Borroka Enxebre e Pasteira?. Por qué busca o conflicto cívico de forma tan conspicua? Vive mellor con feridos ou sangue na rúa?.