Que é a vida? Probablemente, o inmediato, o cotián, o entorno Agora esta implicación no día a día vese en moitas ocasións filtrada ou vivida por unha pantallización social e individual: as redes sociais fan que prefiramos vivir (?) os acontecementos desde o confort das nosas casas máis que desde a rúa, desde o contacto persoal, desde o colectivo real. Para que esta forma de vida sexa posible, cómpre sempre que haxa xente que forneza esa pantalla de datos, de información, de ideas e imaxes. Para iso contamos con PontevedraViva.
Anxo, Natalia, Ramiro, ÿskar, Alex, Diego e todos os seus colaboradores teñen unha localización aberta, case neurálxica na Praza da Estrela e convídannos a compartirmos VIDA, VOZ, ESCOITA e PRESENTE. Coñecémolos, están en toda canta actividade hai, dende hai anos, dende diversos medios... Coñecemos a súa implicación coa realidade tanxible, a súa profesionalidade, o seu rigor, a súa proximidade e o seu compromiso. Arestora, nestes momentos de crise (?) e caos (?) nos que o sistema intenta facernos sentir... medo?, volven darnos coñecer a súa ENERXÍA, SOLIDARIEDADE e, ante todo, VALOR (no máis amplo sentido da palabra). Desde aí é que nos piden COLABORACIÿN, sermos voces desta vila que nos acolle e nos dá vida.
Custa moito vencer o pudor para se converter nunha voz pontevedresa máis, pero se intentamos vivir na realidade e non só na pantalla, dun xeito máis activo e non meramente receptivo, compensa non limitarse a darlles unhas palmadiñas de ánimo no ombreiro e comezarlles a colaborar cunha...
BENVIDA, PontevedraViva.com!!!