Benvida Carmen Machi!

28 de decembro 2024

Estoutro xoves, día 26, tivemos a honra de estar, en vivo e directo, cun verdadeiro monstro da escea. O que se di, en carne e óso.

 Non, non se trataba dun robot, un holograma ou calquera caralhada virtual desas que tanto se estilan. Era a mesmísima Carmen Machi en corpo e alma (mormente alma).

Chegou un chisco tarde como toda diva que se faga derrogar, só que no seu caso o retraso tinha xustificación: Carme vinha da farmacia de recolher un "Ventolín" na companha do alcalde da vila.

Estaba exultante, encantadora. Preguntada polas súas dotes interpretativas, deu conta dos seus recursos e/ou trucos e eloxiou a companheir@s de reparto e equipos artísticos e técnicos que a acompanharon ó longo da súa brilhante carreira. Estivo atenta e simpática en todo momento. Vina tan próxima e sinxela que estiven a piques de preguntarlhe algo pero son algo corto, ademais xa o público a bombardeou a preguntas.

O correcto sería preguntar a Diego San José, como pai da criatura, por ter convertido a Carmen nun personaxe sombrío e sarcástico que recorda lixeiramente ó tenente Colombo…ate mesmo na gabardina…e no can !

Tal vez conviñera preguntarlhe algo ó xenial escritor pero…compréndeo San José, a famosa é ela; ti terás que agardar a outra ocasión.

Ben, eu tiven a sorte de atoparme ali, a uns metros dela, da Machi real, a grande senhora da interpretación, a protagonista de Thi Mai relumbrando entre un elenco de luxo con Aitana Sánchez, Adriana Ozores e Dani Rovira, destilando amor, humor, ledicia e mesmo instinto maternal. Foi unha sorte poder tela en Pontevedra entre nós nestes tempos que corren e non nun pasado en branco e negro encumbrada no Olimpo das estrelas, intocable, lonxana, con Buñuel, Orson Welles, Willy Wilder, ou Hitchcock a ostias por poder contar con ela.

Vainos encantar Celeste. Imos descubrir á outra Carme de sempre; a de San José. Vamos a ver @s inspectores/as de facenda dunha maneira cercana, entranhable e eu quedei sen poderlhe facer a transcendente pregunta que bule nas mentes de tódolos espanhois: "vai a volver Aída ?"