Está de moda falar de ENCE, para ben ou para mal, apuntome a esa movida.
Non é que me interese moito o que pensa ENCE ou os seus traballadores e traballadoras. Teñen todo o dereito do mundo a pensar o que queiran. Dende logo é sorprendente que sexa ENCE, a empresa, a que mellor pensa e actúa: faino pensando e facendo actuar á outra parte do dúo, os traballadores.
Xa se sabe que as empresas, per se, son incapaces de pensar coma nós, as persoas. A empresa, e ENCE o é, pensa ca faltriqueira e faino mediante un bonito programa de "acción social" para que moitas entedidades e grupos sociaís empreguen no seu discurso social e medioambiental un clon barato do seu cerebro -faltriqueira: outras faltriqueiras.
Algún compañeiro un tanto radical chamaballes "sicarios medioambientaís" posto que, dicia el, facían o traballo sucio da pasteira. Paradoxo incompresibel: traballo sucio da sucia pasteira.
Subvención que recibo conciencia que calo. Ese é ou debería ser un dos eslogans do seu programa de "socialización da contaminación". Pérdome, coma sempre. Dicía eu antes que pouco me importa o que pense ENCE y parece que estoume a contradicer con este discurso. Non é tal. Pouco me importa o que din, agás cando as palabras son falacias e agroman torticeiras manipulacións mediatícas.
Di ENCE que non ten 700 millóns de euros para pirarse, para irse a outro lado, que iso faría á pasteira inviable. Mentira, de la cochina, de verdade ... muy cochina mentira. Permítanme facerlles memoria: alá polo primeiro e segundo quinquenios do 2000, e dicer entre 2000 e 2008, falábase nos medios de comunicación arxentinos, uruguaios e salmóns españoís do abraiante proxecto no Mar do Plata que un lobby liderado por ENCE por xunto con outros "pater economicus" alí lanzaban.
Non me extendo nesta cuestión , é tan palmaria e obvia que non necesita ser recreada maís. Se dubida ou quere ampliar información no ten máis que bucear na internet. Non fai falla ir á "internet profunda": a reputada revista de pensamento "Tempos" , "Diario de Pontevedra", "La Voz de Galicia","Atlántico Diario" .... "Expansión" e creo que ata "Diez minutos" falaban dese mega proxecto.
Permítanme unha única cita: "En las dos fábricas se invertirán 1.800 millones de dólares, la mayor inversión extranjera directa de la historia uruguaya, casi el 10% del PIB. Una planta pertenece a la empresa española ENCE (Empresa Nacional de Celulosa España) y la otra a la finlandesa Oy Metsä-Botnia Ab (conocida como Botnia). Ambas dicen disponer de la más moderna tecnología contra la contaminación ambiental, adecuada a la normativa de la Unión Europea (UE) que debe entrar en vigor en 2007, que sus instalaciones son poco contaminantes y que están dispuestas a trabajar con todas las partes implicadas para limitar las emisiones contaminantes y establecer los controles que eviten daños irreparables." O autor Carlos Malamud, analista e redactor do nada esquerdista e progresista "Real Instituo El Cano" atinaba o 6 do 7 do 2006. Reseñar que a planta de ENCE representaba o anaco máis apetitoso do pastel: preto de 1,000 millons de dolares.
Leron ben, 1,800 millons de dolares do ano 2006, que – a día de hoxe – representarían un importe de 2,382 millóns de dolares ou preto de 2,025 millons de euros. Que está a contar a celulosa sobre a súa capacidade económica?. Que son diante de cifras billonarias de euros unha escasa inversión – que non gasto – de 700 millóns de euros? Pódese creer que era quen de liderar un proxecto de dous mil millons de euros en Uruguai, cando estaba a tonelada de pasta a uns escasos 575 euros / TM e non é quen de liderar un proxecto alternativo en Galicia cando esa misma tonelada cotiza preto de 1000 euros / TM? Tómanos por idiotas?.
Pregunta estupida – a última – porque como aprendemos todos nas películas serie C de Polis de Nova Iorque: "Non preguntes o que xa ti sabes".
¡¡ Tómanos por idiotas¡¡. Lévano facendo 50 anos.