Ante a saída da vida política de Loureiro quero expresar o máximo respecto a unha decisión persoal.
Foi unha persoa que dedicou unha gran parte da súa vida a este concello, e como Alcalde e veciño doulle as grazas. Os que estamos en política coñecemos as dúas partes desta faceta, a boa a que che saca un sorriso ou te alegra por calquera logro ou agradecemento dun veciño, pero tamén a parte menos amable, os sinsabores e as horas que lle roubas á túa familia.
Agradézolle sobre todo a súa actitude cando eu cheguei á alcaldía, demostrou con creces que asumiu non unha derrota, senón un cambio de ciclo no concello, e non só non me puxo trabas senón que me facilitou as cousas. Pero o máis importante Loureiro entendeu sempre, que por riba dos intereses partidistas está o Concello de Cotobade e os seus veciños nas súas relación co novo Alcalde.
Para nós, e para min en particular como alcalde, é unha lástima que estes políticos se retiren da vida municipal, aínda que é de louvar que entenda que finalizou unha etapa e que lle hai que dar paso á outras persoas. Oxalá, os que continúen no seu partido aprenderan algo del.
"Os dirixentes provinciais do seu partido, cos de sempre á cabeza e os que pouco o axudaron a solucionar algúns problemas nos que lle fixeron a puñeta a Cotobade, deberían tomar como exemplo esta actitude dun home dunha gran valía como Loureiro, senón se queren converter nunha forza política residual na Provincia de Pontevedra ou na propia cidade de Pontevedra, como xa o é agora".
As portas deste concello e as miñas propias tenas abertas sempre para o que poida estimar conveniente.
Manifestoo dendeo o profundo aprecio persoal hacia á súa persoa e o que representou durante a súa etapa como Alcalde.