A subida fantasma

03 de setembro 2018
Actualizado: 18 de xuño 2024

O goberno do PSOE sae cunha subida ás pensións de viudedade como quen sae cunha pócima máxica para poder solventar o problema do empobrecemento económico da maioria das mulleres, pero a pócima quedou en mero caldo

O goberno do PSOE sae cunha subida ás pensións de viudedade como quen sae cunha pócima máxica para poder solventar o problema do empobrecemento económico da maioria das mulleres, pero a pócima quedou en mero caldo.

A modificación da base reguladora das prestacións da viudedade xa se contemplaba na Lei 27/2011 de 1 de agosto pero cunha subida do 52% o 60%, pero o acordo actual é de subida do 52% o 56% da base reguladora.

A pregunta que nos deberíamos facer é: dita subida é real? Beneficiaranse as rendas máis baixas? A realidade é outra e a intención tamén.  Dita subida ven suxeita a cumprir determinados requisitos que deben concorrer, é decir, co incumprimento dun só xa se perde o dereito.

En España hai 2,3 millóns de pensións de viudedade que nun  92% perciben mulleres, cunha media da prestación duns 640 €/mes, e onde o 35% precisan de complementos a mínimos.

Na Galiza o número de pensións de viudedade son 187.000, onde a pensión media é de 549.49€/mes (fenda da pensión con respeito a do estado español 14.15%). Serían beneficiarias da subida da súa pensión 50.000 pensións de viudedade, pero soamente verán modificada a cuantía da súa pensión 19.140 viúvas e das cales sobre mil tiveron só unha  subida parcial.

Polo que en Galiza sobre un 10% de viúvas serán as que terán de verdade o dereito á suba.

Soamente Estremadura e Baleares son as outras comunidades con menos beneficiarias de dita subida.

Segundo o goberno español o coste desta subida foi de 27.5 millóns, pero a conta de quén? Pois se vos digo que o que o Estado asume nos Orzamentos Xerais do Estado de Complementos a Mínimos é de 6.5 millóns, queda claro quen paga esta súbida (a propia Seguridade Social) e quen se libra de pagos que lle corresponden segundo o seu querido “Pacto de Toledo” (os Orzamentos Xerais do Estado).

Polo que seguimos endeudando máis a propia Seguridade Social, sen que isto repercuta positivamente na economía da nosa cidadanía, das nosas mulleres.

En definitiva a medida é discriminatoria con relación ás pensións máis baixas, pois as mínimas que son as que perciben os complementos a mínimos quedarán iguais, aquelas viúvas que perciban outra pensión aínda que sexa a súa suma ridícula tamén quedan excluídas, as menores de 65 tamén excluidas…

Que sentido tén un esforzo económico, si non repercute na cidadanía?... Seguir alimentando a gran mentira da insostenibilidade do sistema. BASTA XA.

 

“GOBERNE QUEN GOBERNE AS PENSIÓNS DEFÉNDENSE”