A mordaza puritana e o falaz multiculturalismo: europeos, xa non pintades nada

04 de febreiro 2024
Actualizado: 18 de xuño

Din que as forzas vivas queren obrigar a David Sumers a omitir a verba "marica" na súa coñecida canción dos anos 80 "Sufre mamón" por considerarse ofensiva. É curioso, que, por exemplo, os que consideren que o espectáculo do "bombeiro toureiro" sexa humillante para determinado colectivo non pertenza precisamente ó colectivo, e quera deixar a estas persoas sen o seu pan...

Din que as forzas vivas queren obrigar a David Sumers a omitir a verba "marica" na súa coñecida canción dos anos 80 "Sufre mamón" por considerarse ofensiva. É curioso, que, por exemplo, os que consideren que o espectáculo do "bombeiro toureiro" sexa humillante para determinado colectivo non pertenza precisamente ó colectivo, e quera deixar a estas persoas sen o seu pan, coma tampouco pertencen os colectivos supostamente vulnerados os que se arrogan a facultade de falar en nome destes colectivos. É curioso que o espectáculo que queiran prohibir sexa un espectáculo cómico, e non a tortura dun animal. Que conste que non piso unha praza de touros para unha cousa nen para a outra.

Vivimos malos tempos para o humor debido a ola de malsán puritanismo que se pode respirar, xeraron unha sociedade cunha pel moi fina e todo sinala a que se vai seguir camiñando por esa vía ate o intre de que non se poda facer xa nada, por considerarse ofensivo. Chegouse a tal nivel de mediocridade que elementos que nos anos 80 do pasado século parecíannos insubstanciais e banais, tales como as letras dos "Hombres G", "Los Inhumanos", "Los Ronaldos" ou "Toreros Muertos", por so citar uns exemplos, parécennos poetas e intelectuais. Hoxe "Hombres G", que no seu momento parecíannos uns "pijos insoportables", semellan unha conxunción entre Schiller e Beethoven… tan baixo caímos!. Facía anos non me gustaba Melendi, hoxe casi o vexo coma un poeta.

Europa, nalgún intre, perdeu a súa condición de faro cultural. Económicamente xa non pinta nada, fagocitada a súa capacidade de producir polo mercado oriental: non sabemos nen fabricar un tornillo. Culturalmente tampouco pinta nada, e creo que gran parte da culpa a ten unha versión mal entendida do multiculturalismo. O multiculturalimo, tan berlinés, foi ben recibido nun principio, xa que pensábamos que cada unha das partes ían renunciar un pouco para crear unha cultura ca cal todos e todas nos identificáramos. Pero foi un engano, e finalmente supuxo renunciar a tódolos novos valores culturais para tomar por propios os alleos que tan sequera se molestaran en "europeizarse" un pouco. Fanme moita gracia cando á "batucada" a chaman espectáculo multicultural, non, non é "multicultural", ten unha procedencia nada híbrida, procede directamente do Brasil. A día de hoxe non é raro ver como a batucada incluso emprégase nas alboradas como substituto dos nosos gaiteiros. Por non falar das orquestras de música latina que invadiron as nosas festas en detrimento da música tradicional, chegando a auténticas competicións entre as comisións de festas a traer a orquestra máis cara mentres os gaiteiros van a pufo e son explotados en alboradas kilométricas baixo as inclemencias do tempo, chova ou faga un sol de c…

Quere multiculturalismo?, pois aí teñen á música de Beethoven e Schubert, que son patrimonio universal (música que, por certo, cada vez é máis difícil escoitar na nosa cidade). Europa pasou de producir cultura que se convertía en patrimonio universal a consumir, de xeito desaforado, productos "culturais" (as aspas son de obrigado curso) de máis que dubidoso gusto e que teñen que ser metidos a calzador para poder entrar nalgo que se poida chamar cultura.

Concretando, entre a ola de puritanismo que nos invade e un multiculturalismo que barreu cas nosas raigames europeas, o panorama cultural europeo volveuse moi, pero que moi negro. Sinceiramente, creo que David Sumers non pretendía ofender a nengunha orientación sexual chamándolle "marica" ó seu rival nas lides amorosas. Se fora "marica" no sentido que lle queren dar os do sanedrín da moral, non lle tería quitado a moza a David, non cre?. Pretendendo crear unha sociedade máis san, os do sanedrín da moral xerou toda unha serie de complexos e neurastenias sociais e sobre todo xerou unha sociedade cunha pel moi fina. Non sería mellor que todos nos rísemos de todos coma antes?. Agora só é lícito rirse os que teñen a patente de corso para facelo: os que se mofan dos valores nos cales eu creo, os que se mofan dos que cren que o multiculturalismo barreu ca nosa cultura, os que cren que eu son un dinosaurio que debe extinguirse por pensar que Goethe, Tolstói, Mann, Beethoven e Schubert son CULTURA e non o que hoxe nos queren facer consumir como tal. Riámonos de todo, o dereito de rir é algo moi serio.