Foi entón cando coñecín de primeira man, en primeira persoa, o qué era o racismo. Co tempo a miña pel foi clarexando, pero daquela tiña unha pel máis oscura e tiña pelo crespo (hoxe son calvo) e apariencia semítica. Ate o momento non tivera problemas reais con aquilo, pero todo cambiou naquel primeiro ano de instituto. Primeiro comezaron os nomes despectivos, sempre procurando humillarme, sobre todo diante das chicas, para facerse os "galiños" diante do sexo contrario. Aquilo supuxo un duro trauma, xa que no intre no cal os adolescentes comezaban cas primeiras citas, para pasear polo parque, para ir ó cine, eu era humillado diante do sexo contrario. Aquilo xerou un complexo que chegou a que a día de hoxe, con 49 anos, nunca tivera moza, tan sequera unha cita para ir a ver unha película ó cine.
Son unha persoa pudorosa, e dábame vergonza mostrarme espido nas duchas, aínda que fora diante doutros rapaces, isto provocaba que despois das clases de ximnasia non me duchara, deixando a hixiene para a intimidade do baño da casa dos meus pais. Entón ademais dos nomes e motes comezaron as alusións sobre a miña hixiene persoal, comezaron a decirme que ademais de ser doutra raza, olía mal, que era un guarro. Lembro coma un día entre tres persoas acorraláronme no ximnasio do centro e agarráronme para introducirme na ducha, pero vestido. Eu agarreime como puiden ás barras horizontais do ximnasio, asíndome coma un polbo, os tres individuos desistiron de introducirme na ducha, pero o que fixeron entón foi que entre os tres comezaron a darme patadas por tódolo corpo mentres eu procuraba protexerme a cabeza sen deixar de agarrarme. Finalmente sacáronme os tenis e mos tiraron, para que tivera que pasar a humillación de percorre-lo centro en calcetíns buscándoos. Lóxicamente aquilo despertou moitas risas, pero eu non me ría.
Tardei tempo en comentarlle a miña nai, a miña mellor amiga, qué estaba a suceder. Foi entón cando ela foi a hablar co meu titor. A resposta foi humillante, o titor plegábase o que dicían aqueles rapaces e decíame que tiña que ter un maior coidado ca miña hixiene persoal. Aquilo era falso, ademais non era a única persoa que non usaba as duchas, pero só se metían conmigo. O titor falou cos implicados, e entón a situación volveuse máis violenta, con ameazas a agresións físicas diarias e bromas pesadas que me puñan en situacións moi violentas, sobre todo con persoas doutro sexo.
Ademais aquilo supuxo o meu fracaso como estudiante. Só cando puiden acceder á universidade trala proba para maiores de 25 anos demostrei que era un excelente estudiante, todo Matrículas e Sobresalientes, pero xa perdera o tren. Por ter accedido á Universidade tan tarde nunca fun tido en serio como futuro investigador, ademais era máis amigo das bibliotecas que cos despachos, e ante un mundo académico de arribistas o tiven difícil para facerme valer. A día de hoxe, dezasete anos despois do Diploma de Estudios Avanzados, estou ca tese doutoral, na cal agardo igualmente acada-las mellores calificacións. Ademais, tras aquela entrevista co titor a miña nai obrigoume a usalas duchas do centro, e as agresión e burlas continuaron, só que agora acontecían cando estaba espido, o que supuña máis humillación.
Esta é a miña experiencia do racismo, vivinno en primeira persoa, non se trata de insultos nun campo de futbol por uns desaprensivos, trátase de insultos, humillacións, aislamento social naquel intre tan importante para ulteriores relacións, bromas pesadas e agresións físicas diarias, individuais e grupais. O peor de todos era un membro dunha familia "fetén" pontevedresa. Esa foi a razón de que non expulsaran a aqueles tres que me deran unha paliza no ximnasio do instituto, xa que non ían expulsar a uns sí, e a outros non. A día de hoxe, a vida vaille mellor ca min, o cal invalida todo iso que din que "quen as fai, páganas", e a súa familia segue sendo unha das familias máis "pijas" de Pontevedra, relacionada ca política e ca presidencia de clubes deportivos de solera.
Vivimos nunha sociedade de predadores violentos. Eu interpretei a aqueles agresións como intentos de situarse nunha posición de machos dominantes ante as féminas do grupo, creo que tiña todo un alto contenido sexual, algún problema fálico sen resolver, de feito sempre tentaban humillarme diante das rapazas, que, debo decir, aleccionaban novas agresións e rían a cachón ante cada humillación, polo menos algunhas delas.
Eu, lóxicamente, fai uns anos pensaba que aqueles foran os peores anos da miña vida, pero tras máis de dous anos cunha lesión no oído que se solucionaría cunha timpanoplastia que o SERGAS se nega a facerme, considero que nas mans daqueles garrulos dándome patadas, estaba en mellores mans que nas daqueles que se negan a operarme. Teño nova cita en tres meses, se non acceden a operarme, enfrontaranse cunha demanda xudicial. Xa sei que co da lesión no oído son tan pesado coma Catón co seu "Cartago delenda est", perdoei, pero non esquecín ás agresións racistas, e estou disposto a perdoar si me operan dunha vez poñendo fin a esta tortura, ese ruxido enorme no oído. Por certo, nun centro privado confirmáronme que o SERGAS mentíame cada vez que dicía que o meu tímpano estaba pechado. A miña avogada a estas alturas xa ten toda a documentación, sumándose fotos recentes dos meus tímpanos, e son eu quen a contén para que non presente aínda a demanda, pero se o SERGAS segue negándose a operarme, e mentíndome, a demanda será presentada e seguirá o seu curso. Non levei ante á xustiza a aqueles agresores, pero ante estos novos agresores non penso ter piedade senón trocan de conducta. A pesar de todo o que sufrín con todos aqueles episodios de racismo e acoso, non colmara a miña resistencia á dor e ó sufrimento, o que estou pasando nestes dous últimos anos é cousa doutra madeira.