Acabamos de rematar unha campaña eleitoral para oParlamento galego moi mediática, máis do normal, e a cobertura informativa da canle pública estatal foi impecable… salvo por un pequeno aspecto. Os grandes líderes a nivel Madrid viñeron a Galicia a aupar a os seus candidatos, agás Ana Pontón, que non precisa de muletas madrileñas, e iso se reflexou nesa cobertura mediática. Pero o pequena queixa á cal quería facer alusión desa cobertura do canle púbica son os breves segundos de intro da cuña informativa da campaña galega. Nesta podiamos ver ate o pasado venres, acompañadas dunha música épica, imaxes das catro provincias. Pero mentres que para A Coruña saía a Torre de Hércules, para Ourense a ponte sobre o Miño e para Lugo a súa muralla, é dicir, imaxes icónicas das súas capitais de provincia, para o caso da provincia de Pontevedra aparecía non unha imaxe da Boa Vila, senón da ponte de Rande. Pregúntome se en Madrid teñen dúbidas da identidade da capital da provincia, seguramente dubidaban entre Pontevedra e Vigo, e ante a dúbida optaron pola unha transaccional, a ponte de Rande, como soe dicirse: nen para min nen para ti. A imaxe icónica que eu proporía sería unha imaxe aérea da Praza da Ferraría cara o igrexa conventual de San Francisco. A preferiría a unha imaxe de A Peregrina, símbolo da cidade e santuario da patroa da provincia, pero a monumentalidade da igrexa franciscana non ten parangón na pequena capela de A Peregrina. Son moitos os turistas que chegados a Pontevedra preguntan pola "catedral" da Peregrina. De seguro que cando a ven síntense un pouco defraudados, xa que xurde a pregunta de onde está a igrexa desta fachada?
Durante o século XIX houbo unha disputa entre Pontevedra e Vigo para ser capital da provincia, chegando incluso a ser ambas capitais o mesmo tempo, e chegando incluso ás mans nun conato de enfrontamento bélico cos vigueses apuntando cos seus canóns precisamente á capela de A Peregrina, cun cuxas torres se encerraran valerosos pontevedreses. Pero finalmente Pontevedra saiu victoriosa e fíxose ca capitalidade, pero seica en Madrid teñen as súas dúbidas e preferiron non mollarse mostrando unha imaxe neutral, aínda que a ponte de Rande, sen estar en Vigo, o certo é que está máis cerca de Vigo que de Pontevedra. Iso é como o que din da vila do nacemento de Valle-Inclán, que como uns din que naceu en Vila Nova de Arousa (máis aceptado) e outros que en Pobra do Caramiñal, fanno nacer no medía da ría para que todos queden contentos, pero agora entraríamos na disputa si naceu máis preto dun concello ou doutro. Agardo que dentro de catro anos arranxen iso e que Pontevedra teña os seus milisegundos de protagonismo na intro da cuña informativa.
Boa xornada eleitoral a tódolos leitores e leitoras.