Mientras esto dure #36: Consellos anti COVID-19 viaxan a Sao Paulo (II)

Radio
05 de abril 2021

Intercambios telemáticos entre o Instituto Valle Inclán de Pontevedra e o Colexio Español Miguel de Cervantes de Sao Paulo, Brasil.

Mientras esto dure #36: Consellos anti COVID-19 viaxan a Sao Paulo (II) /
Mientras esto dure #36: Consellos anti COVID-19 viaxan a Sao Paulo (II)
Mientras esto dure #36: Consellos anti COVID-19 viaxan a Sao Paulo (II)

O anterior podcast de 'Mentres isto dure' reproduciu as dúas primeiras sesións telemáticas que mantiñan estudantes de segundo curso de Bacharelato do Instituto Valle Inclán con alumnos de noveno curso (correspondente en España a terceiro de ESO) do Colexio Español Miguel de Cervantes de Sao Paulo. Unha iniciativa promovida co obxectivo de trasladar á comunidade escolar brasileira como previr contagios de COVID-19 nos centros educativos e por extensión na vida diaria.

Nas dúas últimas sesións mantidas - e que ocupan esta edición de PontevedraViva Radio -, por parte do centro pontevedrés participaban: Lara Reguera Acuña, Alexandra Domínguez Roldán, Laura María Suárez Crespo, Branca Fernández Lago, Alba Piñeiro Justo, Gabriel José Coira Lorenzo e Sebastián Carlos Cernadas Cernadas.