Como é realizar un curso no estranxeiro en tempos de pandemia? Sabémolo a través da experiencia que Katherine Portillo Marroquín comparte. Desde outubro está a residir en Pontevedra, onde realiza a través dunha bolsa Erasmus, un máster en Dirección Pública e Liderazgo Institucional na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Ela é asistente xurídico na Universidade Centroamericana José Simeón Canas do Salvador, o seu país.