O estudo dun equipo internacional de científicos, no que participaron membros do Centro Superior de Investigacións Científicas - concretamente do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo - conclúe que: analizar as bacterias da augas residuais axuda a predicir a propagación do coronavirus. Antonio Figueras, investigador do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, dependente do CSIC, considera que "é algo que debería establecerse desde a Comisión Europea para estendelo a todos os países; e non só para saúde humana".
E, que se fai en Pontevedra?. Desde PontevedraViva Radio iniciáronse xestións no mes de outubro con Viaqua; posteriormente co Concello de Pontevedra e finalmente coa Xunta de Galicia desde a que se indicou que con motivo das obras que se está acometendo na estación depuradora de Praceres decidiuse non realizar estas analíticas en Pontevedra.