O Pontevedra deixou escapar a salvación ao non ser capaz de impoñerse a Unión Adarve e xogarao todo na última xornada de Liga no campo do Atlético de Madrid B, cun claro penalti que non sancionou o colexiado asturiano Jaime Ruiz Álvarez, no último suspiro, que podía supoñer a vitoria e a tranquilidade, e que vai traer cola, tras o reflectido no acta arbitral, denunciando a suposta "actitude agresiva e ofensiva" da presidenta granate, Lupe Murillo, cara ao colexiado. Analizamos o sucedido, as súas consecuencias e as opcións da xornada final, cos compañeiros xornalistas de Faro de Vigo, Diario de Pontevedra e PontevedraViva, Xaime Nogueira, Diego Espiño, Xurxo Gómez e Álex Dávila.
La trastienda #85
Radio
07
de maio
2018
Tíñao na súa man, pero non o aproveitou. O Pontevedra deixou escapar a salvación ao non gañar a Unión Adarve e xogarao todo na última xornada. Pero a polémica veu ao acabar o partido, cuns supostos sucesos ocorridos no túnel de vestiarios, cando segundo o acta arbitral a presidenta granate, Lupe Murillo, mostrou unha "actitude ofensiva e agresiva" cara ao colexiado, recriminándolle por non pitar un claro penalti na última xogada do partido. Analizámolo cos xornalistas deportivos Xaime Nogueira, Diego Espiño, Xurxo Gómez e Álex Dávila
Máis novidades