A psicóloga Laura Rojas Marcos conversa con La Cafetera de radiocable.com e recomenda para o confinamento «pensar no hoxe e o agora«, centrando a atención «no que imos facer» ao día, porque «nos producirá máis sensación de seguridade» fronte á incerteza. Recomenda recorrer á «arte de aprender a xestionar o tempo«. Á hora de tratar a situación con nenos, defende que non se lles debe impoñer «desde a ameaza, riñendo». Enviarlles unha «mensaxe de calma», «explicar» a situación e «ofrecer alternativas». Respecto ás persoas que teñen que enfrontarse ao falecemento Laura Rojas Marcos sinalou que, aínda que «viviremos un duelo diferente ao habitual, isto tampouco quere dicir que non vaiamos poder procesar o noso duelo».