Situámonos no Cine Seixo de Marín, que pasa por ser a sala de cinema en activo máis lonxeva de Galicia. Arrincamos na Pontevedra de 2020, aínda en estado de alarma, durante a desescalada cara ao que chaman a 'nova normalidade'. 1943 é o ano de apertura do cinema, cando un veciño de Seixo, José Carballo abría este negocio, entre outros, para proporcionar un futuro aos seus oito fillos. Cun deles, Perfecto, percorremos a súa historia. Unha historia particular na que tamén aparecen outras historias de Marín, dos seus lugares ou dalgúns veciños ilustres.
Historias a destempo #1: Cine Seixo, Marín 1943-2021
Radio
13
de xuño
2020
Actualizado:
27
de novembro
2024
Cine Seixo, Marín 1943-2021.
Máis novidades