Seis amigos e amigas que compartiron estudos de educación secundaria a partir de inicios dos anos 90 reúnense despois de 25 anos na inauguración do bar dun deles, La movida del bacalao, e volven sobre os seus recordos, ou reflexionan sobre a maneira en que lles cambiou a vida. E a partir de aí despregar a trama de El gran musical de los 80 y los 90.

O espectáculo homenaxea á música que triunfou nas últimas décadas do pasado século en España: desde El Canto del Loco a Mónica Naranjo, La Oreja de Van Gogh, Carlos Baute, ou as cantantes americanas Beyoncé e Shakira.

El gran musical de los 80 y los 90 é unha comedia musical que permaneceu durante meses no Teatro Gran Vía de Madrid cun éxito que replica na súa xira por toda España. O espectáculo emprega pantallas LED transparentes de gran tamaño, unha potente iluminación, e ten un coidado vestiario.

Son en total seis cantantes e seis bailaríns os que conforman o elenco para darlle vida a unha trama chea de comedia pero tamén, e moi especialmente, de emocións. Os espectadores serán testemuñas de como, a pesar de que o paso do tempo transformou as vidas dos personaxes, seguen sendo fieis a si mesmos.

Cun ambiente inspirado nos coñecidos álbums musicais de finais do pasado século e comezos do actual denominados Caribe Mix, os amigos recrean as súas vidas coas cancións coas que vibraron durante a súa mocidade.

Máis eventos

Ver máis eventos