Festivais Rías Baixas #4: Sinsal

Radio
19 de xullo 2016

Cruzamos en barco a ría de Vigo para chegar ao festival Sinsal, na illa de San Simón

Festivais Rías Baixas #4: Sinsal /
Festivais Rías Baixas #4: Sinsal
Festivais Rías Baixas #4: Sinsal

Cruzar en barco a ría de Vigo rumbo á illa de San Simón. É o que farán os días 22, 23 e 24 de xullo todos aqueles que teñan unha das 800 entradas que se poñen á venda para o festival Sinsal. É, sen dúbida, un dos máis singulares de toda Europa. A viaxe en barco é só o punto de partida da experiencia única que achega un festival no que o seu cartel é totalmente secreto. Polo menos, ata que o público chega a illa.