"É tempo de xogar" é unha pequena selección dos preto de 700 xoguetes antigos que forman a colección de Juan Manuel Alfaya Ocampo, visitable até o 9 de febreirono Edificio Sarmiento doMuseo de Pontevedra.

Os xoguetes que forman esta exposición foron creados entre as décadas de 1890 e 1960.

Aquí atopamos principalmente xoguetes de lata, pero tamén doutros materiais como chumbo, cartón, madeira ou plástico. Destacan os autómatas, moitos deles centenarios, que reproducen con gran realismo sorprendentes movementos. Tamén os teatros.

En definitiva, exhíbense xoguetes para todos os gustos, habilidades e temperamentos.

Edificio Sarmiento, Museo de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos