Exposición 'Voilá la Femme'
Engadir ao meu calendarioAteneo Santa Cecilia de Marín

Ateneo Santa Cecilia de Marín
O Ateneo Santa Cecilia presenta a 32 edición da exposición 'Voilá la Femme', baixo a coordinación e comisariado de Celeste Garrido e o patrocinio do Concello de Marín.
As mulleres participantes na mesma son: Jimena Rodríguez Vidal, Nerea Cordeiro Cerviño, Dana Latorraca Población, María Luisa Silvela Costoya e Mónica Pintos Alfaya.
Esta exposición naceu no ano 1992 e, dende entón, participaron na mesma una numerosa selección de mulleres artistas de prestixio. A exposición, á que puxo título Yolanda Herranz ( tomando como referencia a obra do artista francés: Francis Picabia, inaugurouse na sede do Ateneo Santa Cecilia e, dende entón, vense convocando anualmente no mesmo lugar.
O obxectivo principal da mostra é conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, dando a coñecer a creación artística realizada por mulleres, xerando unha reflexión sobre a identidade e a desigualdade.
No ano 1998, Celeste Garrido asume o comisariado da exposición, iniciando una nova etapa caracterizada por una aposta firme polo arte "emerxente".
Esta mostra foi promovida, orixinalmente, por Antón Sobral e Antón Castro que entenderon que , tanto no arte como en calquera outra disciplina, non se pode excluír á metade da poboación, porque iso sesga tódalas miradas e nega a verdade.
Ateneo Santa Cecilia de Marín
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Museo de Pontevedra
Museo Manuel Torres, Marín