Exposición 'Outras historias posibles', en Pontevedra
Engadir ao meu calendarioCafé Moderno Afundación, Pontevedra

Café Moderno Afundación, Pontevedra
'Outras historias posibles' presenta o traballo de seis destacadas artistas nacidas na década dos 50, con fortes vencellos a Galicia, tanto nas súas vidas coma nas súas carreiras profesionais.
Elas son Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré, mulleres cunha especial presenza na arte dos 80, grazas á súa innovadora visión.
Esta exposición explora desde o Café Moderno Afundación Pontevedra as súas creacións e descúbrenos como o seu legado influíu na arte contemporánea, ofrecendo novas perspectivas e reivindicando o seu espazo na historia.
Coñece a súa obra nas salas de mostras do edificio na cidade do Lérez, do 4 de abril ao 31 de maio de 2025.
Unha oportunidade de coñecer o talento, a dedicación e a creatividade destas seis mulleres que deixaron unha pegada imborrable no mundo da arte.
Horario: LUNS a VENRES | 17.30 a 20.30 horas. SÁBADOS | 11.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 horas. DOMINGOS e FESTIVOS | pechado
Café Moderno Afundación, Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Museo de Pontevedra
Ateneo Santa Cecilia de Marín