Exposición 'Mulleres Artistas. Debuxando un futuro en igualdade'
Engadir ao meu calendarioMuseo Manuel Torres, Marín

Museo Manuel Torres, Marín
A exposición 'Mulleres Artistas. Debuxando un futuro en igualdade' propón unha selección de retratos de mulleres artistas realizados por Concha Mayordomo e relacionadas con críticas e teóricas feministas.
A comisaria desta mostra, Yolanda Herranz Pascual sinala que "as creadoras son as grandes esquecidas na Historia da arte; apenas foron recoñecidas algunhas delas, a pesar de que as súas creacións estiveron presentes desde a Prehistoria. As artistas mulleres foron invisibilizadas e sistematicamente borradas da Historia. De aí a importancia que adquire a investigación e o traballo das teóricas, comisarias e críticas feministas".
A exposición articúlase a través de una serie retratos realizados a lapis e a tinta, en forma de "apuntamento rápido". Os debuxos levan incluído un código QR que conecta con cada unha das breves biografías que a artista Concha Mayordomo inclúe no seu blog 'Mulleres na arte'. Un proxecto no que leva traballando desde o ano 2011 e que, na actualidade, contén máis de 1.100 entradas.
Horario: Luns: 11-14 horas. Martes a venres: 11-14 y 18-21 horas. Sábado: 11-14 horas e Domingo: pechado.
Museo Manuel Torres, Marín
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Museo de Pontevedra
Ateneo Santa Cecilia de Marín