Exposición 'Os Maragatos da porta de San Pedro'
Engadir ao meu calendarioBiblioteca pública de Pontevedra

Biblioteca pública de Pontevedra
A biblioteca pública de Pontevedra acollerá a partir do luns 3 de marzo a exposición Os Maragatos da porta de San Pedro, organizada polo Colectivo Egeria e a Fundación Pérez-Carro.
Esta exposición está composta por doce paneis en galego e castelán e unha vitrina con obxectos e documentos. Recolle un resumo da historia da familia Pérez-Carro, asentada en Lugo desde 1880, e o seu importante papel comercial e social na cidade durante 145 anos.
A mostra estivo aberta anteriormente na biblioteca provincial de Lugo, na biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela e na biblioteca Miguel González Garcés da Coruña. Durante o mes de marzo estará tamén na biblioteca pública de Ourense.
En Pontevedra poderá visitarse entre o 3 e o 17 de marzo. A inauguración será o luns 3 ás 13. 00 horas.
Os contidos da exposición están recollidos no catálogo que se entregará gratuítamente aos visitantes.
Biblioteca pública de Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Casa do Pobo de Cerponzóns, Pontevedra
Teatro Principal de Pontevedra