A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, na Facultade de Belas Artes,acolle un proxecto expositivo da artista alemá Karin Sander.

Trátase de 'Kitchen Pieces', unha instalación coa que Sander propón unha reflexión sobre a idea da representación na arte. Para iso, emprega un conxunto de froitas e verduras coma se dunha serie de natureza mortas se tratase, só que aquí non son representadas en pinturas, senón que se representan como orixinais reais e frescos na exposición.

Na mostra preséntanse un conxunto de 25 froitas e verduras colocadas directamente nas paredes dunha maneira lineal.

Facultade de Belas Artes

Máis eventos

Ver máis eventos