Exposición 'Como o ves?' na Casa das Campás
Engadir ao meu calendarioCasa das Campás, Pontevedra
Casa das Campás, Pontevedra
'Como o ves?' é unha exposición que reúne os achegamentos á arte de 176 escolares do CEIP A Xunqueira I.
É o resultado dos talleres impartidos neste centro por tres alumnas de Belas Artes: Xulia Arias, Cristina Rus e Irene Santamaría.
Os talleres buscaban amosar aos nenos que existen diferentes técnicas e estilos de facer arte, propoñéndolles que escollesen unha das obras para tratar de reproducila ou interpretala. Concretamente, tiñan que escoller entre unha pintura figurativa de Arias, unha obra abstracta de Santamaría e unha peza que Rus realizou con papeis e carteis reciclados.
En colaboración coa ANPA Celso Emilio Ferreiro, esta iniciativa verase complementada cun concurso no que se premiarán os mellores traballos tanto do alumnado de educación infantil como de cada un dos tres ciclos de primaria.
Casa das Campás, Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosCafé Moderno Afundación Pontevedra
Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra