'Vento' é o título do proxecto que o artista Alberto Baraya (Bogotá, Colombia, 1968) presenta dentro do ciclo de exposicións Infiltracións, o cal ten como propósito realizar proxectos específicos relacionados con obras do Museo de Pontevedra.

Cada ano convídase a dous artistas a investigar e traballar coa colección, como unha maneira de fomentar a construción colectiva de aprendizaxes e incorporar progresivamente os discursos contemporáneos ao museo, ofrecendo novas lecturas sobre os seus fondos.

Neste proxecto, Alberto Baraya, pintor, fotógrafo e viaxeiro contemporáneo, céntrase nas numerosas pinturas de paisaxes mariñas, maquetas de embarcacións, cerámicas, planos, instrumentos de navegación e outros elementos relacionados co mar que habitan a colección deste museo.

Edificio Castelao, Museo de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos