Avogado. Nacín e crieime en Pontevedra hai 50 anos dacabalo entre os barrios de Lérez e O Burgo, cando se xogaba á pelota na estrada da Coruña, e estudei dereito na Universidade de Alcalá de Henares. Nos 25 anos de exercicio profesional fun asesor de distintas Administracións Públicas lembrando con especial afecto os meus anos como Asesor Xurídico do Concello de Sanxenxo. Só a impagable calidade de vida que temos en Pontevedra fíxome decantarme por exercer a miña actividade na cidade na que nacín e na que me sinto satisfeito simplemente con estar coa familia e amigos e poder xogar ao golf, de cando en vez.